Up (en galego, No alto ou Subir, dependendo do contexto) é unha película de animación 3D xerada por computador e producida por Pixar Animation Studios, estreada nos EUA o 29 de maio de 2009 e distribuída por Walt Disney Pictures. Está dirixida por Pete Docter, director de Monsters, Inc., e conta coas voces de Edward Asner, Christopher Plummer, Jordan Nagai e John Ratzenberger. Nela traballaron uns 70 animadores.

Sinopse

Carl Fredricksen (Ed Asner) é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorar Suramérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.

Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a un asilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos de helio. Pero ao pouco de comezar o voo, descobre que leva un polisón, un explorador de 8 anos chamado Russell (Jordan Nagai). Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan á selva, e atopan o ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar unha ave.

Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nun dirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.

Premios Oscar ó mellor filme de animación, 2009. Oscar á mellor banda sonora, 2009. A película acadou o Globo de Ouro á mellor película animada e á mellor banda sonora no 2010.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Up páxina oficial de Disney . Up na Internet Movie Database .

Categoría:Filmes de Pixar Categoría:Óscar ó mellor filme de animación Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2009 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Pete Docter Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre a viuvez Categoría:Filmes sobre a vellez Categoría:Filmes sobre cans Categoría:Filmes ambientados en América do Sur Categoría:Filmes ambientados en Venezuela