Stamford Bridge é un estadio de fútbol que se atopa no distrito de Hammersmith e Fulham, en Londres, Inglaterra, e é o fogar do Chelsea Football Club. O estadio atópase situado na localidade de Walham Green. É alcumado como "The Bridge" polos seguidores do club. A capacidade do estadio é de 41.841 espectadores, o que o converte no sétimo estadio con máis capacidade da Premier League e no terceiro con máis capacidade de Londres, só por detrás do Estadio Wembley e do Emirates Stadium.

Historia No Século XVIII varios mapas mostraban un Stanford Creek correndo ao longo da ruta do que agora é unha liña de ferrocarrís atrás da Gradería Este como un afluente do Río Támese. No arroio había dúas pontes: o Stanford Bridge en Fulham Road (tamén lembrado como o Little Chelsea Bridge) e o Stanbridge en King's Road, agora coñecido como o Stanley Bridge.

Stanford Creek, Stanford Bridge e Stanbridge contribuíron dalgunha forma na creación do nome Stamford Bridge, o cal debe ser proposto pola coñecida Batalla de Stamford Bridge de East Yorkshire, unha famosa vitoria feita polo rei Harold Godwinson contra os viquingos en 1066 que tivo lugar pouco antes da súa derrota polos normandos na Batalla de Hastings.

Historia temperá dereita|frame|Stamford Bridge en agosto de 1905. dereita|frame|Chelsea contra o West Bromwich Albion en setembro de 1905. Stamford Bridge inaugurouse en 1877 como o fogar do London Athletics Club e foi utilizado case exclusivamente para ese fin até 1904, cando o contrato de arrendamento foi adquirido polos irmáns Gus e Joe Mears, que querían o estadio para desempeñar partidos de fútbol. Stamford Bridge foi construído preto do Lillie Bridge, un antigo campo de deportes que acollera a final da FA Cup en 1873 e a primeira de boxeo de afeccionados (entre outras cousas). Nun principio ofreceuse o terreo ao Fulham Football Club, pero este o rexeitou. Considerouse a posibilidade de vender o terreo á compañía Great Western Railway Company, quen querían utilizar o terreo para depositar carbón nel, pero a último hora Gus decidiu fundar o seu propio club de fútbol: o Chelsea Football Club, para ocupar o terreo como rival do Fulham. Contratou ao arquitecto Archibald Leitch para construír o Stamford Bridge. Este arquitecto tamén deseñou os estadios Ibrox, Celtic Park, Craven Cottage e Hampden Park, entre moitos outros.

Como foi orixinalmente construído, Stamford Bridge foi unha pista de atletismo e campo de fútbol, que foi inicialmente situado no centro da pista de atletismo. Isto significa que os espectadores estaban separados desde o terreo de xogo por todos os lados da anchura da pista de atletismo e, polos lados norte e sur, a separación era especialmente grande, porque os lados da pista de atletismo superaban considerablemente a lonxitude do campo de fútbol. Stamford Bridge tiña unha capacidade oficial de ao redor de 100.000 afeccionados, sendo o segundo estadio con maior capacidade en Inglaterra, despois do Selhurst Park, pertencente ao Crystal Palace. O Stamford Bridge tamén foi sede de tres finais da FA Cup tres anos consecutivos despois da Primeira Guerra Mundial, desde 1920 a 1922, pero pouco despois foi substituído polo Wembley Stadium.

Resultados de finais de FA Cup disputadas en Stamford Bridge:

Ano Asistencia Campión Subcampión 1920 50.018 Aston Villa 1 Huddersfield Town 0 1921 72.805 Tottenham Hotspur 1 Wolverhampton Wanderers 0 1922 53.000 Huddersfield Town 1 Preston North End 0

Expansión En 1930, unha nova terraza construíuse no lado sur para máis espectadores de pé. Só unha parte disto foi tellado e fíxose coñecido como "The Shed" ou "O Alpendre". Este converteuse no punto a favor para os afeccionados máis fieis do Chelsea ata que a bancada foi demolida en 1994, cando se fixo obrigatoria por lei como medida de seguridade despois de que se ditase o Informe Taylor por mor da Traxedia de Hillsborough.

En 1939, unha pequena bancada de dous pisos construíuse. Foi orixinalmente construída coa intención de abarcar todo o extremo norte, pero o estalido da Segunda Guerra Mundial e as súas secuelas obrigou ao club a manter o soporte pequeno. Foi demolido e substituído por bancadas abertas para os afeccionados de pé en 1975. A North Stand pechouse en 1993 e foi construída outra bancada de dous pisos, coñecida como a Matthew Harding Stand, en honra ao xa falecido popular director financeiro do club Matthew Harding.

Na tempada 1964-65, a West Stand foi construída para substituír a vella bancada construída no lado oeste do estadio. A construción consistiu nun aumento de filas e de asentos até o tope da terraza. The Old West Stand foi demolido en 1998 e substituído polo actual West Stand. Unha vasta nova East Stand foi construída en 1973, orixinalmente como o inicio dunha remodelación do estadio que foi abandonada cando o club atopouse con dificultades financeiras. O East Stand sobrevive basicamente en tres niveis desde 1973, aínda que se renovou e modernizado moito desde entón.

Crise A construción da Bancada Leste (East Stand) en 1973 como parte dun plan para crear un estadio de 60.000 asentos engadiuse aos males do club. O proxecto foi descrito como "o máis ambicioso xamais emprendido en Gran Bretaña". Coincidiu cunha crise económica mundial e foi alcanzado polos atrasos, a folga dos construtores e a falta de material, todo o cal fixo que se lles saíse de control o custo da construción ao club e incrementasen as súas débedas até os £3.4 millóns. Como resultado diso, entre agosto de 1974 e xuño de 1978, o Chelsea non puido comprar a un só xogador. En 1982, pola enorme débeda, o club non pode pagar o salario aos xogadores, polo que o empresario e por unha soa vez presidente do Oldham Athletic Ken Bates compra ao club pola incrible suma de £1, aínda que se negou a comprar o estadio e as súas débedas substancialmente aumentaron, un movemento do cal se arrepentiu máis tarde. Bates demostrou ser un verdadeiro loitador como o novo presidente, aínda que os seus opoñentes incluíron seguidores do club, así como os promotores inmobiliarios Marler Estates, a quen David Mears, irmán de Brian Mears, vendera unha parte do Stamford Bridge.

En 1992, tras máis dunha década de incerteza acerca de Stamford Bridge e o seu futuro, dando lugar a ásperas controversias de orde xurídica, Bates finalmente gáñalle aos promotores inmobiliarios e tamén o dereito de reunirse co club, facendo un acordo cos seus bancos. Isto conduciu á creación da organización Chelsea Pitch Owners, que en 1997 adquiriu a plena propiedade do estadio, os dereitos do club e o terreo para asegurar que esa situación non volvese ocorrer. Por mor disto, comezouse a renovar todo o estadio colocando novos asentos, achegándoos máis ao terreo de xogo. O traballo terminouse no 2001.Chelsea Pitch Owners

Outros eventos Stamford Bridge acolleu varias competencias de Speedway dende 1929 até 1932, gañando a Liga do Sur na súa apertura de tempada. Inicialmente as reunións públicas celebráronse en 1928. O piloto mozo de 19 anos de idade Charlie Biddle, morreu nun accidente de carreiras. En 1931, as súas cinzas foron esparexidas na pista de carreiras do estadio. As carreiras de galgos celebráronse por primeira vez no estadio o 31 de xullo de 1937 e continuaron até o 1 de agosto de 1968. As carreiras de Coches Ananos atraeron ao redor de 50.000 persoas en 1948.

En outubro de 1945, Stamford Bridge foi sede dun dos mellores partidos de fútbol na súa historia. Coa Segunda Guerra Mundial que acababa de terminar, as autoridades futbolísticas de Inglaterra buscaron unha maneira de celebrar o retorno da paz en tempo de xogo. Como parte dun xesto de boa vontade, anunciouse que o Dynamo de Moscova, campións reinantes da Unión Soviética, visitaría o Reino Unido para xogar contra varios equipos, entre eles o Chelsea. O partido tivo lugar o 13 de novembro en Stamford Bridge cun uniforme vermello totalmente descoñecido, debido a un choque de cores co uniforme do Dynamo. Antes do inicio do partido, os xogadores do Dynamo presentaron un ramo de flores ao seu homólogo. A pesar disto o pobo británico viuno como unha falsa paz. O equipo ruso sorprendeu a moitos espectadores co seu talento e tenacidade. O encontro terminou nun empate a 3 goles, aínda que algúns goles deberon marcarse como fóra de xogo. Estímase que unha multitude de máis de 100.000 persoas asistiron ao partido, con miles de persoas ilegalmente no estadio. Esta asistencia é a máis alta xamais rexistrada en Stamford Bridge, aínda só é estimada.Chelsea v Dinamo Moscow image goes on salgue at Bonhams

O estadio tamén foi sede de varios partidos que disputou o equipo de fútbol Londres XI. Este equipo participou na Copa de Feiras desde 1955 até 1958. Despois de xogar noutros estadios o equipo chegou nunha ocasión á final contra o Barcelona. No partido de ida disputado en Stamford Bridge o equipo empata a 2-2, pero no partido de volta en Camp Nou o equipo é derrotado 6-0. O terreo foi utilizado en 1980 para o primeiro partido de cricket disputado naquel estadio, entre o Essex e o West Indies, que foi un éxito comercial. O ano seguinte foi a sede da final da edición inaugural do campionato de cricket chamado Lambert & Butler. Con todo, non tivo moito éxito e non se volveron disputar partidos de cricket en Stamford Bridge outra vez. Stamford Bridge tamén acolleu brevemente un equipo de fútbol americano: os London Monarchs, aínda que só disputaron no estadio poucos partidos da tempada 1997.

Bancadas actuais Matthew Harding Stand Capacidade: 10.884 espectadores. esquerda|miniatura|300px|A Gradería Matthew Harding. A Bancada Matthew Harding, anteriormente coñecida como a Bancada Norte, abarca o longo do bordo norte do campo. Esta bancada foi chamada así en honra ao xa falecido popular director financeiro do club Matther Harding, quen transformou o club a principios de 1990 antes da súa morte nun accidente de helicóptero o 22 de outubro de 1996. O seu considerable investimento no club permitiu a construción da bancada que se completou durante a tempada 1997-98. Ten dous niveis e a que contén mellor vista ao campo de xogo, o que lle confire unha atmosfera de entusiasmo, sobre todo no nivel inferior. Calquera proposta para ampliar a instalación requiriría a demolición do veciño Museo dos Deportes de Chelsea.

Para algúns partidos da UEFA Champions League, esta bancada opera en menor capacidade, xa que algunhas entradas son obstruidas por vehículos de canles televisivas.

East Stand Capacidade: 10.925 espectadores. miniatura|300px|Bancada Leste A máis antiga en pé, a Bancada Leste está situada ao longo do lado leste do campo. Anteriormente, era o fogar dos afeccionados máis fieis do Chelsea, con todo ao comezo da tempada 2005-06 o entón adestrador do equipo José Mourinho solicitou o traslado da sección desta parte da bancada para impulsar a moral do equipo. A bancada ten tres niveis e é o corazón do estadio. No nivel inferior se econtran os baños, os vestiarios, a sala de conferencias, o centro de prensa, tendas de artigos do club e cafetaría. O nivel medio está ocupada polas instalacións, oficinas e o centro de negocios. O nivel superior proporciona aos espectadores unha das mellores vistas no estadio.

Shed End Capacidade: 7.814 espectadores.

O Alpendre Final está situado ao longo da parte sur do campo. A bancada conta con dous niveis. O nivel inferior é utilizado polos seguidores máis fieis do equipo, ata que desde a tempada 2005-06 os afeccionados foron movidos á esquina leste da bancada para evitar incidentes. A bancada tamén posúe o Museo do Centenario e un monumento conmemorativo onde as familias de xogadores falecidos do club poden deixar un permanente recordo dos seus seres queridos con indicacións do seu eterno apoio para o club.

Esta bancada foi construída a mediados dos anos 1990.

West Stand Capacidade: 13.500 espectadores. miniatura|300px|Entrada da Bancada Oeste.