Carlos González Meixide, nado en Vilagarcía de Arousa o 21 de xaneiro de 1977, é un escritor, xornalista e humorista galego.

Traxectoria Debutou na literatura co libro infantil A Miragaia, publicado en 2004 pola Editorial Sotelo Blanco.

A súa novela O Home Inédito, converteuse en 2005 na primeira novela en galego editada en Internet. A súa versión en papel apareceu un ano máis tarde publicada por Ediciós da Rotonda, de Rinoceronte Editora.

A partir de 2014, Meixide autoedita as súas propias obras. Alcanzou notable popularidade unha serie de aventuras de vacacións dun grupo de adolescentes en distintos lugares de Galicia (conformada ata agora polas novelas Ons, Cans, Guitiriz e Arousa).

É tamén editor dos volumes do Bestiario do Vestiario, do xornalista e escritor Martiño Suárez.

Entre as súas achegas ao campo audiovisual destacan as seguintes: codirixiu con Tomás Lijó a curtametraxe O meu nome, o meu mundo, que en 2001 participou no Festival Internacional de Cinema e Vídeo Independente de Nova York; a proxección da curta estaba prevista para o día 11 de setembro, data do atentado das Torres Xemelgas, polo que tivo que ser adiada uns días. A partir daquela experiencia, Lijó e Meixide realizaron o documental Cascallos, proxectado en 2011 no Festival Cineuropa de Santiago de Compostela. Con Tomás Lijó formou tamén o dúo musical Os da Ría.

Entre 2005 e 2009 traballou -primeiro como redactor e máis tarde como director- no programa da Televisión de Galicia Onda Curta, centrado nas curtametraxes.

En decembro de 2018 recibiu o I Premio de Novela Camiño de Santiago pola súa obra Camiño de paixóns.

En 2021 creou canda a Berta Dávila o selo editorial Rodolfo e Priscila.

Obra A Miragaia (2004). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-7824-451-5. 62 páxs. O home inédito (2005). Eds. da Rotonda / 2009, Rinoceronte Editora. 158 páxs. ISBN 978-84-935375-1-7. El hombre inétido (2012). Pulp Books. 167 páxs. ISBN 978-84-938576-9-1 Primavera (2010). Edizer SCP. 102 páxs. ISBN 978-84-937207-9-7. Inge e Robbie (2016). Santiago: Sacauntos. 132 páxs. ISBN 978-84-16121-48-9. A memoria dos meus pasos (2017). Sacauntos. 136 páxs. ISBN 978-84-16121-99-1. Camiño de paixóns (2019). Galaxia. 144 páxs. ISBN 978-84-9151-345-2. Camino de pasiones (2019). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-348-3. Pequeno álbum de Nova York en inverno (2021). Rodolfo e Priscila. Con Berta Dávila. ISBN 978-84-124562-1-9. Viva a comuna (2023). Vigo: Xerais, Narrativa. 600 páxs. ISBN 978-84-1110-292-6. ePub: ISBN 978-84-1110-301-5. Tres irmáns (2024). Rodolfo e Priscila, 128 páxs. ISBN 978-84-127852-4-1.

Infanto-xuvenil Ánxela e Spencer (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Julia Lago. 184 páxs. ISBN 978-84-1110-333-6. ePub: ISBN 978-84-1110-167-7

Os cinco de Ons Ons (2015). Santiago: Sacauntos. 168 páxs. ISBN 978-84-16121-35-9. Cans (2016). Santiago: Sacauntos. 158 páxs. ISBN 978-84-16121-58-8. Guitiriz (2018). Santiago: Sacauntos. 168 páxs. ISBN 978-84-947748-3-6. Arousa (2018). Santiago: Sacauntos. 170 páxs. ISBN 978-84-949304-1-6. Portugal (2022). Rodolfo e Priscila. 148 páxs. ISBN 978-84-124562-5-7.

Tradución As miñas estúpidas ideas, de Bernardo Zannoni (Rodolfo e Priscila, 2023) Bo día, tristeza, de Françoise Sagan (Rodolfo e Priscila, 2023)

Premios 2019: I Premio de Novela do Camiño de Santiago por Camiño de paixóns.

Ánxela e Spencer, finalista en dúas ocasións do Premio Merlín de Literatura.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha do autor na Editorial Galaxia

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1977