Orfos foi un grupo de metal galego da cidade de Vigo, que combinaba a lingua galega e o castelán nas súas letras. O seu último disco levou por título Noctarium (2009), editado baixo o selo Producciones Malditas.

Traxectoria e estilo A banda botou a andar no 1998 co nome de Pantokrator, denominación que foi substituída pola de Orfos no 2004. Dende o 2007, e tras sucesivos cambios na formación, quedou composta por Camilo Montes (voz), Marcos Bao (guitarra), Adián P. Fojo (guitarra), Uxía Carrera (baixo) e Brais Calles (batería). No mesmo ano 2007, Orfos participou na elaboración do Gallaecian metal compilation, recompilación de temas do metal galego. No ano 2010 anunciaron a disolución da banda, mais sen pechar as portas a unha posible reaparición.

Orfos apostou por un estilo dacabalo entre o hard rock e o metal, primando a melodía e a creatividade nas súas composicións.

Discografía Non (1998) Orfos I (2000) Orfos II (2004) Naialma (2006) Noctarium (2009)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de Vigo Categoría:Grupos musicais de heavy metal