250px|miniatura|Barrios de Sant Andreu Sant Andreu é un distrito da cidade de Barcelona, en Cataluña. É o terceiro máis extenso cunha superficie de 653 hectáreas e cunha poboación de 142.598 en 2005.
Características Foi un dos concellos independentes da chaira de Barcelona, o núcleo principal foi Sant Andreu de Palomar, que daba nome ó concello. Ademais dos barrios de Sant Andreu, tamén pertenceron ó antigo concello varios barrios do actual distrito de Nou Barris.
Está situado ó norte da cidade, limitado polo río Besòs, que fai de fronteira entre Barcelona e os concellos de Sant Adrià de Besòs e Santa Coloma de Gramenet. Tamén limita cos distritos de Nou Barris, Horta-Guinardó e Sant Martí.
A configuración deste distrito data de 1984, cando a cidade de Barcelona aprobou a división terriorial actual en 10 distritos. Logo desta división, o distrito recuperou os barrios de Trinitat Vella e el Congrés.
Barrios O distrito de Sant Andreu está formado por sete barrios, de orixe diversa: Sant Andreu de Palomar La Sagrera Trinitat Vella Baró de Viver Navas El Congrés i els Indians Bon Pastor
Categoría:Distritos de Barcelona