O Basketball Löwen Braunschweig é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade Braunschweig (Baixa Saxonia). Fundado no ano 2000, actualmente compite na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Xogan os seus partidos como local no Volkswagen Halle, pavillón con capacidade para 3.603 espectadores. Desde o 1 de xullo de 2020, o club é propiedade do xogador da NBA Dennis Schröder.

Historia O equipo foi fundado no ano 2000 como Metabox Braunschweig tras comprar a licenza da Basketball Bundesliga do SG Braunschweig, pasando este último club a funcionar como o seu equipo de canteira. Despois de múltiples mudanzas de nome durante primeiros anos, a compañía local de moda New Yorker converteuse no patrocinador de nome do club en 2006. En 2014 a empresa anunciou o fin do seu patrocinio ao finalizar a temporada 2013–14. Así, o 1 de xullo de 2014 o equipo adoptou o seu actual nome: Basketball Löwen Braunschweig.

Nomes Metabox Braunschweig (2000–2001) StadtSport Braunschweig (2001–2002) TXU Energie Braunschweig (2002–2003) BS Energy Braunschweig (2003–2006) New Yorker Phantoms Braunschweig (2006–2014) Basketball Löwen Braunschweig (2014–presente)

Temporadas AnoNivelLigaCopaCompeticións europeas2000–011 BBL6º2001–021 BBL10º 3 Copa Korać 2002–031 BBL3º2003–041 BBL11º 2 ULEB Cup 2004–051 BBL12º 3 FIBA Europe League 2005–061 BBL16º2006–071 BBL14º2007–081 BBL9º2008–091 BBL13º2009–101 BBL4º2010–111 BBL5ºSubcampión2011–121 BBL7º Cuarto lugar2012–131 BBL13º2013–141 BBL15º2014–151 BBL9º2015–161 BBL10º2016–171 BBL16º2017–181 BBL12º2018–191 BBL8º Cuartos de final2019–201 BBL11º Cuartos de final2020–211 BBL9º Fase de grupos

Pavillón O Löwen xoga os seus partidos como local no Volkswagen Halle, un pavillón con capacidade para 3.603 espectadores inaugurado o 20 de setembro de 2000. O predecesor do equipo, o SG Braunschweig, xogara anteriormente no Sporthalle Alte Waage, recinto con capacidade para 1.500 espectadores.

Xogadores Destacados

Aaron Doornekamp Luboš Bartoň Peter Fehse Nils Mittmann Heiko Schaffartzik Nick Schneiders Dennis Schröder Daniel Theis Milko Bjelica Szymon Szewczyk Branko Jorović Joakim Blom Eric Boateng Jermaine Anderson Tony Skinn Michael Umeh John Allen John Celestand Steve Goodrich Marcus Goree LaMarr Greer Demond Mallet Terrell McIntyre Chris Herren Rich Melzer

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos de baloncesto de Alemaña