O Football-Club Auch é un equipo profesional de rugby francés da cidade de Auch (departamento de Gers).
Actualmente compite na ProD2, a segunda división do rugby francés. O club gañou a European Shield no 2005 e tamén foi campión da Segunda División profesional (chamada ProD2) en 2004 e 2007 a pesar de ter un dos presupostos máis baixos do rugby profesional galo.
Recentemente, o equipo estivo a cabalo entre a máxima categoría do rugby francés (o Top 14) e a ProD2. En cinco anos (entre as tempadas 2003-04 e 2007-08) ascendeu e descendeu catro veces.
Historia O F.C. Auch foi fundado en 1891. Foi finalista do Challenge Yves du Manoir en 2001, perdendo a final fronte ao Montferrand (agora Clermont). Nos anos 2000 competiron na Segunda División do rugby francés, e na tempada 2002-03 chegaron ás semifinais para acadar a promoción, mais caeron fornte ao Montpellier. Á seguinte tempada acadaron o ascenso tras gañar na final da ProD2 ao Bayonne in the Pro D2 final.
Porén o equipo volveu descender á ProD2 a tempada 2005-06. O club chegou a proclamarse campión da European Shield, un torneo de repesca para os equipos eliminados na primeira rolda da European Challenge Cup nesa tempada. Gañaron ao equipo inglés dos Worcester na final.
Palmarés Challenge Yves du Manoir: Finalista: 2001 Pro D2: Campión: 2004, 2006-07 European Shield: Campión: 2005
Finais disputadas Challenge Yves du Manoir Data Campión FinalistaResultado Estadio2001MontferrandFC Auch23-10Francia
European Shield Data Campión FinalistaResultado Estadio23 de maio de 2005FC AuchWorcester Warriors23-10Kassam Stadium, Oxford
ProD2 Data Campión FinalistaResultado Estadio2004FC AuchBayonne26-9Francia
En 2007 acadou o ascenso directo.
Véxase tamén European Shield Top 14 ProD2
Ligazóns Site oficial
Auch