Para o actual equipo de baloncesto de Granada, véxase Fundación CB Granada. O Club Baloncesto Granada, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Granada, Andalucía. Fundado en 1994, foi creado para cubrir a desaparición por problemas económicos do Club Deportivo Oximesa. Partindo da segunda categoría, a Liga EBA e tras comprar a praza do Club Baloncesto Salamanca, o equipo xogou doce temporadas na Liga ACB até a súa desaparición en 2012 debido a problemas institucionais e económicos.

Traxectoria O CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja. Tras participar dous anos na Liga EBA, o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada comprou os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo dese mesmo ano, o club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.

Na temporada 1998−99, o Granada descende á Liga LEB, logrando regresar á máxima categría dúas temporadas despois, na temporada 2000−01. Dúas temporadas despois o club volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003−04 tras só unha tempada na LEB. Despois de sete temporadas consecutivas na ACB, onde non consegue superar o décimo lugar, o equipo desence na temporada 2010−11 á Liga LEB Ouro. Na segunda categoría o club finaliza en último lugar, decendendo á LEB Prata. Tras diversos problemas institucionais e económicos, o club anunciou a liquidación da entidade e a súa desaparición.

Patrocinios Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia: SPAR Granada (1994–1996) Covirán Sierra Nevada (1996–1998) Covirán Cervezas Alhambra (1998–1999)

Xogadores Destacados

José Miguel Antúnez Carlos Cherry David Doblas Salva Guardia Tomás Jofresa Oriol Junyent Héctor Manzano Nacho Ordín José Antonio Paraíso César Sanmartín Nicolás Gianella Juan Ignacio Jasen Joe Ingles Augusto Lima Rafael Luz Danya Abrams Curtis Borchardt Dan Godfread Kenny Green Darvin Ham Richard Hendrix Chris McNealy Richard Scott John Williams Giorgos Sigalas Jón Stefánsson Andrea Pecile Vlado Šćepanović

Adestradores A seguinte é unha lista dos adestradores do CB Granada.

Antonio Gómez Nieto (1994–1996) José Alberto Pesquera (1996–1997) Pedro Martínez (1997–1998) Antonio Gómez Nieto (1998) Miguel Ángel Martín (1998–1999) David Cárdenas (1999) Iñaki Irirarte (1999–2000) Kike Gutiérrez (2000) José Alberto Pesquera (2000) Antonio Gómez Nieto (2000–2003) Sergio Valdeolmillos (2003–2008) Trifón Poch (2008–2011) Curro Segura (2011–2012) Miguel Ángel Zapata (2012)

Palmarés Copa de Andalucía Campións (3): 2000, 2004, 2006 Subcampións (2): 2008, 2009

Historial AnoNivelLigaCopa do ReiOutras copasCompeticións europeas1994–95 2EBA 23–131995–96 2EBA 24−61996–97 1ACB 13º 14–203 Copa Korać 5–31997–98 1ACB 16º 14–251998–99 1ACB17º 8–261999–00 2LEB 10º 16–19Copa Príncipe CF2000–01 2LEB2º 26–162001–02 1ACB 14º 12–222002–03 1ACB18º 5–292003–04 2LEB2º 27–172004–05 1ACB 15º 12–222005–06 1ACB 13º 14–20Supercopa 2º2006–07 1ACB 11º 15–192007–08 1ACB 15º 12–222008–09 1ACB 11º 12–202009–10 1ACB 10º 15–192010–11 1ACB17º 7–272011–12 2LEB18º 7–27

Véxase tamén Ligazóns externas Club Baloncesto Granada

Granada CB Granada Categoría:Deporte en Granada