O muraño xardineiro (Crocidura suaveolens) é unha especie de mamífero placentario da orde dos soricomorfos e familia dos sorícidos.
Descrición É un soricido de dentes brancos semellante ao muraño común, (Crocidura russula). Co lombo de cor acastañada, ventre agrisado ás veces amarelado, coa cola cuns característicos pelos longos. Na Europa continental e na Península Ibérica as súas dimensións medran de norte a sur. A poboación de Menorca é a de maior tamaño.
Distribución De ampla distribución no Paleártico, entre os 23º e os 56º N. Dende o sur da Península Ibérica até o Xapón, Corea e a China oriental. Presente en numerosas illas do Canle da Mancha e do mar Mediterráneo. En España localízase desde a desembocadura do río Guadalquivir, costa onubense e de Portugal, límites do norte de Cáceres e sur de Salamanca, internandose no val do Tietar, noroeste de Zamora, gran parte de Galicia, Cornixa Cantábrica, norte Burgos, Biscaia, Álava, Guipúscoa e Navarra. Na área mediterránea está presente no nordés de Xirona. Ocupa a illa de Menorca.
Hábitat Na Península Ibérica ocupa diversos medios na zona de influencia atlántica, mentres que na rexión mediterránea fica relegada aos ambientes húmidos. Non parece colonizar medios antropóxenos como en Europa.
Depredación
En Centroeuropa ten unha ampla relación de depredadores tanto réptiles como aves e mamíferos. Na Península Ibérica é depredado principalmente por rapaces nocturnas. En Menorca é deprededa pola curuxa e maila martaraña, (Meles meles).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Crocidura suaveolens, en Don E. Wilson & DeeAnn M. Reeder (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed), Johns Hopkins University Press. Crocidura suaveolens no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf . (Consultado o 30 de xullo de 2009).
Categoría:Soricomorfos Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Mamíferos de África do Norte Categoría:Mamíferos de Kazakhstán Categoría:Mamíferos de Uzbekistán Categoría:Mamíferos de Tadjiikistán Categoría:Mamíferos de Turkmenistán Categoría:Mamíferos de Turquía Categoría:Mamíferos de Azerbaidján Categoría:Mamíferos de Oriente Medio Categoría:Fauna de Chipre Categoría:Animais descritos en 1811