O furafollas grandeAtlas de vertebrados de Galicia. Santiago, Sociedade Galega de Historia Natural-Consello da Cultura Galega, 1995 (Sorex coronatus) é unha especie de mamífero soricomorfo da familia Soricidae.
Características O furafollas grande presenta un aspecto corporal semellante ao da Sorex araneus, mais con dimensións lixeiramente menores. Aínda que o pelame amosa unha notable variación xeográfica, xeralmente é tricolor, co lombo pardo escuro, os francos máis claros e o ventre pardo agrisado.
Distribución Ocupa o suroeste de Europa, dende o norte de España até o curso do río Elba, en Alemaña e o extremo occidental de Austria. Tamén está presente na illa de Xersei (Reino Unido). A súa distribución ibérica comprende a franxa setentrional, dende o extremo oriental de Galicia até o noroeste do Pireneo catalán e norte do Sistema Ibérico.
Hábitat É unha especie de requirimentos basicamente atlánticos. Ocupa unha gran variedade de hábitat, aínda que require chans húmidos con boa cobertura vexetal, coma os bosques caducifolios, mixtos e de coníferas, así como prados alpinos, subalpinos e atlánticos. Na Península Ibérica a súa distribución abrangue dende o nivel do mar até os 2.200 metros. É probable que, como acontece en Centroeuropa, nas zonas que coexiste co Sorex araneus, a súa presenza fica confinada a zonas de menor altitude, debido á existencia dunha exclusión mutua entre ambas as especies.
Depredación Polos seus hábitos crepusculares e nocturnos é unha especie depredada principalmente por rapaces nocturnas, como a curuxa (Tyto alba), o bufo real (Bubo bubo) e o bufo pequeno (Asio otus), e por certos mamíferos carnívoros, como o armiño (Mustela erminia), o tourón (Mustela putorius).
Notas
Ligazóns externas (en) Sorex (Sorex) coronatus, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Visto o 23 de marzo de 2020. (es) Sorex coronatus no Atlas da biodiversidade do Ministerio de Medio Ambiente (MMA). Arquivo en pdf.
Véxase tamén
Categoría:Sorícidos Categoría:Mamíferos de Galicia Categoría:Mamíferos de Europa Categoría:Animais descritos en 1828