Alfonso Cela Vieito, nado en Carracedo (Láncara) o 11 de xullo de 1885 e finado en Madrid o 26 de febreiro de 1932, foi un toureiro coñecido como "Celita", o único galego da historia en tomar a alternativa.

Vida e carreira Naceu nunca familia humilde, e á morte do seu pai emigrou a Madrid, en 1896. Alí comezou a traballar de carniceiro e a interesarse pola tauromaquia. O seu irmán Claudio Cela, e o seu sobriño Alfonso Cela Martín, tamén tourearon, pero nunca tomaron a alternativa.

A súa carreira como matador de touros comezou en 1906 polas provincias de Soria e Segovia. En 1909 toureou por primeira vez en Madrid, no vello coso de Tetuán. A alternativa de "Celita" tivo lugar na antiga Praza de Touros da Coruña o 15 de setembro de 1912, tendo como padriño a Manuel Bienvenida. Alfonso Cela tivo unha grande actuación en Barcelona o 12 de xullo do ano 1914 matando el só 6 touros.

Os seus mellores anos foron entre 1914 e 1917. En 1916 confirmou a súa alternativa en Madrid. Ese ano participou en 23 festexos. A súa primeira actuación en México foi o 24 de outubro de 1920, na praza El Toreo. O 5 de maio de 1921 foi ferido con gravidade nun glúteo toureando en Madrid. A súa derradeira corrida foi o 25 de xuño de 1922, en Madrid.

Véxase tamén Outros artigos Tauromaquia

Ligazóns externas "Celita" en PortalTaurino.Com "Celita, primer matador gallego" artigo de El Universal Alfonso Cela en www.galegos.info "Los toros en Galicia" artigo de El Progreso

Categoría:Nados en Láncara Categoría:Toureiros de España Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1932