O Sestao River Club é un club de fútbol español da cidade de Sestao (Biscaia). Foi fundado en 1996 tras a desaparición do Sestao Sport e actualmente compite na Segunda RFEF.

Historia O Sestao River Club recolle o legado do histórico Sestao Sport Club, desaparecido no verán de 1996 por problemas económicos.

Tras a disolución do Sestao Sport fundouse un novo club na localidade de Sestao con vocación de continuar a tradición do vello Sestao. As mesmas cores, o mesmo terreo de xogo (loxicamente), un escudo practicamente igual e a mesma afección (obviamente), unicamente cambiou de forma lixeira o nome do club xa que o novo Sestao denominouse Sestao River Club no canto de Sport Club, institucionalizando no nome do novo club o alcume de River que posuía o vello Sestao. Este alcume vénlle ao Sestao por que na tempada 1954-55 lograr o primeiro ascenso a Segunda, e ese ano arrasou na súa categoría, e casualmente veu a Europa o River Plate da Arxentina,que fixo unha xira arrasando e por iso se lle empezo a chamar ao Sestao "River".

Tras comezar a súa andaina nas categorías inferiores do fútbol rexional biscaíño e obter tres ascensos consecutivos, o Sestao alcanzou a Terceira División en 1999. Cinco anos mantívose nesta categoría, sempre na parte alta da táboa, ata obter o seu primeiro ascenso á Segunda División B en 2004. Perdeu a categoría na tempada do seu debut, pero en 2006 volveu lograr o ascenso a Segunda B. Actualmente milita nesta categoría.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta verdinegra a 4 raias, pantalón negro cunha fina raia verde e medias negras. Uniforme alternativo: Camiseta branca con detalles verdes e pantalón verde con medias brancas.

Estadio

O Sestao River xoga no Campo Municipal de Las Llanas, inaugurado en 1923. O seu aforamento é de 4.350 espectadores e as dimensións do terreo de xogo 103 x 65 metros.

Está prevista a construción dun novo estadio no terreo de Las Canteras, debido á antiguidade de Las Llanas.

Datos do club Socios: 1.350 Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 7 Tempadas en 3ª: 7 Tempadas en Rexional: 3 Mellor posto en 2ªB: 5º (2006-07) Peor posto en 2ªB: 18º (2004-05) Mellor posto en 3ª: 1º (2003-04 e 2005-06) Peor posto en 3ª: 8º (2002-03) Promocións de ascenso a 2ª: 0 Promocións de ascenso a 2ªB: 5 (3 ascensos)

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1996/97Rexional—1997/98Rexional—1998/99Rexional— 10px1999/003ª6º2000/013ª3º2001/023ª2º2002/033ª8º2003/043ª1º 10px2004/052ªB18º 10px TempadaCategoríaPosto2005/063ª1º 10px2006/072ªB5º2007/082ªB10º2008/092ªB15º2009/102ªB17º 10px2010/113ª3º 10px2011/122ªB10º2012/132ªB-

Palmarés miniatura|2017 Torneos nacionais Terceira División de España (2): 2003-04, 2005-06 Subcampión da Terceira División (1): 2001-02

Torneos amigables Trofeo Ayuntamiento de Sestao (7): 1997, 1998, 2001, 2004, 2006, 2007, 2009 Trofeo La Sardina (1): 2008 Trofeo de Barakaldo (1): 1997 Trofeo Las Llanas (1): 1996

Véxase tamén Sestao Sport

Ligazóns externas

Sitio web oficial

Sestao River Sestao River Categoría:Deporte en Sestao