A lagoa de Cospeito é unha zona húmida permanente situada no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo.

Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga e forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño".

Características esquerda|miniatura|Vista aérea da lagoa en 2015. É un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.

Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.

Flora e fauna Nesta zona húmida existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.

Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Parga-Ladra-Támoga Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Categoría:Cospeito Cospeito Categoría:Zonas especiais de conservación en Galicia