Óglaigh na hÉireann, ÓnaÉ foi o nome empregado por unha pequena organización armada republicana irlandesa que se separou do Continuity Irish Republican Army (CIRA) en 2006 e que se mantivo activa ata 2009 e que utilizou o mesmo nome que segundo a lexislación irlandesa é a forma en irlandés das Forzas de Defensa Irlandesas.
Nome En irlandés, o título Óglaigh na hÉireann significa "voluntarios irlandesas". Ten sido empregado por varios grupos armados de Irlanda como é o caso dos Voluntarios Irlandeses de 1913, do que xurdiría o grupo coñecido en inglés como "Irish Republican Army" pero que en irlandés mantivo o nome anterior.
A súa abreviación correcta é ÓnaÉ, pero a miúdo abréviase o seu nome de xeito incorrecto como ONH.
Historia En febreiro de 2006, a Independent Monitoring Commission sinalou que formárase un novo grupo republicano, de nome Óglaigh na hÉireann, xunto con outra organización, Saoirse na hÉireann, logo dunha escisión do IRA de Continuidade. O informe dicía que Óglaigh na hÉireann era responsable dun asalto, de varios dispositivos trampa e do roubo nunha oficina postal entre outubro e decembro de 2005Eighth Report of the Independent Monitoring Commission , por IMC o 1 de febreiro de 2006, accedido o 14 de maio de 2008, .
Notas
Categoría:Organizacións terroristas