ECO é un grupo musical de rock galego. A banda formouse en 2003, e o seu estilo mestura hard rock, power metal e rock alternativo. Na súa primeira encarnación estivo composta por Roberto Espinosa (voz), Alberto Cereijo (guitarra), Diego P. Castro (baixo) e Tino Mojón (batería). A banda separouse en 2010 e regresou en 2019.

Historia A historia de ECO comezou en 2003, cando Alberto Cereijo, guitarrista de Los Suaves, coñeceu a Roberto Espinosa uníndose a eles Tino Mojón, tamén batería de Los Suaves. En 2007, en plena crise do grupo, Cereijo anunciou que deixaba Los Suaves para centrarse en ECO, aínda que logo se retractaría e compaxinaría o seu traballo nas dúas bandas. Ese mesmo ano publicaron o primeiro álbum de estudio do grupo, Réplica.

En 2010, o líder Roberto Espinosa deixou a banda e esta disolveuse. Porén, en 2019 Espinosa decidiu reformar ECO cunha nova formación composta por Pablo Espido (batería), Maca (baixo) e Fran Rodríguez (guitarra), ademias do propio Espinosa nas voces Un ano ECO despois lanzou o seu segundo álbum de estudio, Los años del silencio.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Réplica 2007 Santo Grial Los años del silencio 2021 CD Music

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo MySpace oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 2003