O Escudo Real do Reino Unido (en inglés Royal Coat of Arms of the United Kingdom). É o escudo de armas do monarca británico, actualmente Carlos III. Tamén é empregado como o brasón do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte.
Composición Este escudo é un acuartelado, dividido en catro cuarteis:
40px No primeiro e cUarto cuartel figuran os elementos do escudo de Inglaterra: Sobre un fondo vermello (de goles) tres leóns leopardados, denominación que recibe o león pasante, apoiado sobre tres patas, que ten a súa cabeza de fronte. Estes leóns son de cor amarela ou dourada (de ouro). 40px No segundo o escudo de Escocia: Sobre fondo amarelo (de ouro) figura un león rampante, erguido e apoiado sobre unha das súas patas, de cor vermella (de goles) e situado dentro dun trechorUn trechor é o nome que recibe unha cinta estreita, dobre e decorada con flores, da mesma cor que o león. 40px No terceiro atópase o escudo que simboliza a Irlanda, xa que a zona superior da illa mantívose baixo soberanía británica, recoñecendo como xefe do Estado ó monarca británico: Sobre fondo azul (de azur) un arpa amarela (de ouro). O escudo da República de Irlanda conta cos mesmos elementos. Os catro cuarteis aparecen rodeados pola insignia da Orde da Xarreteira na que figura o seu propio lema: "Honi soit qui mal y pense" (en francés antigo: "Maldito sexa o malpensado"). En heráldica, as dúas figuras que sosteñen o escudo denomínanse tenantes ou soportes. Por Inglaterra figura un león rampante coroado de ouro, na posición máis próxima ó primeiro cuartel, que está ocupado polo seu brasón. No outro lado, xunto ó brasón escocés, figura un unicornio branco, coroado e encadeado. A figura do unicornio foi empregada como soporte do escudo dos monarcas escoceses.
As armas reais aparecen timbradas cun helmo adornado cun lambrequín de cor amarela, por un lado, e de armiño polo outro. O helmo está situado baixo a coroa real inglesa coñecida como a Coroa dos Tudor que é a que usan os reis británicos salvo en Escocia. Sobre a coroa esta colocada a cimeira, un adorno que se situaba sobre o casco, outro león máis pequeno coroado de ouro.
Na parte inferior, sobre un montículo e cor verde, aparecen colocados os emblemas vexetais de Inglaterra (unha rosa heráldica), Escocia (unha flor de cardo) e Irlanda (un trevo). Nunha cinta de cor azul está escrito o lema do Reino Unido: "Dieu et mon droit" (en francés: "Deus e o meu dereito").
Ata o reinado de Xurxo III figurou tamén o brasón dos reis de Francia. O trono francés foi reclamado polos reis de Inglaterra durante a Idade Media. Logo da desaparición do cuartel francés incorporouse o dos monarcas de Hannover. Estes últimos foron eliminados durante o reinado da raíña Vitoria. miniatura|Armas reais empregadas en Escocia.
Versión escocesa En Escocia, o monarca británico utiliza un escudo de armas con algunhas modificacións. Aparecen os mesmos cuarteis pero alterase a súa orde para dar preferencia ó escocés que aparece desta forma no primeiro e no carto. A xarreteira é substituída polo colar da Orde escocesa do Cardo e os tenantes ou soportes son os mesmos pero o unicornio escocés, portando a coroa real escocesa, tamén pasa a ocupar o lugar preferente. Tanto o unicornio coma o león suxeitan os estandartes escocés e inglés.
A coroa de San Eduardo tamén é substituída pola que usaron os antigos monarcas escoceses e sobre ela sitúase a súa cimeira, un león coroado de goles que sostén unha espada e un cetro.
Ó pé, tamén fóra do escudo, só aparece a flor do cardo e unha cinta co lema escocés: "Nemo me impune lacessit" ("Ninguén me ofende impunemente").
Evolución histórica O escudo actual é unha combinación dos escudos dos reinos que forman o Reino Unido. Na táboa aparecen os escudos desde Henrique II de Inglaterra e Guillerme I de Escocia. Reino de InglaterraReino de EscociaArmasDatasDetalles100px1154 - 1189O primeiro escudo de armas inglés coñecido, mostra un león rampante sobre un fondo vermello. Correspondese as armas do rei Henrique II de Inglaterra.100px1189 - 1198Armas de Ricardo I de Inglaterra.100px1198 - 1340Armas finais de Ricardo I de Inglaterra. 100px1340 - 1367Eduardo III de Inglaterra uniu as súas armas coas da coroa de Francia, incorporando asía as flores de lis.100px1367 - 1399Ricardo II de Inglaterra incorporou o selo de Eduardo o Confesor. 100px1399 - 1422Henrique IV de Inglaterra, actualizou as armas francesas a versión moderna de tres flores de lis sobre un campo azul. 100px1422 - 1461Henrique VI de Inglaterra incorporou as armas francesas e inglesas. 100px1461 - 1470Eduardo IV de Inglaterra restableceu o escudo de Henrique IV.100px1470 - 1471Henrique VI de Inglaterra restauración como rei e do escudo da primeira época.100px1471 - 1509Eduardo IV de Inglaterra volveu a restaurar as armas antigas cando volveu ó trono.200px1509 - 1554 Desde 1509, co rei Henrique VIII, consolidáronse como adornos exteriores do escudo as figuras dun león e dun dragón, como soportes; a liga (emblema) da Orde da Xarreteira; o lema en francés «Dieu et Mon Droit» («Deus e Nostro Dereito») que adoptou Henrique V a principios do século XV. Aínda que Henrique VIII adoptou o título de "Rei de Irlanda" non se incorporaron ás armas reais as irlandesas.Burke, John; Burke, John Bernard. General Armory of England, Scotland and Ireland. Londres: Henry G. Bohn, 1844, p. 58200px1554 - 1558María I de Inglaterra incorporou as armas do seu esposo. Filipe II (Filipe I en Inglaterra).Francisco Olmos, José María de. Las primeras acuñaciones del príncipe Felipe de España (1554-1556): Soberano de Milán Nápoles e Inglaterra, p.162 (nota 14) . Esta raíña utilizou como lema «Veritas temporis filia» («A verdade é filla do tempo»).200px1558 - 1603Isabel I de Inglaterra volveu á versión anterior a María I. Pero utilizou o lema «Semper eadem» («Sempre o mesmo/a mesma»).Heather, Thomas. Armas reales de Isabel I. Elizabeth I (en inglés). Consultado el 31/07 de 2010.ArmasDatasDetalles 100pxséculo XII - 1558Un león vermello, rampante, sobre un fondo amarelo cun trechor real dobre. Empregado por Guillerme II de Escocia. 100px1565 - 1603 Xacobe I de Inglaterra foi o último rei escocés en usar as armas, ata a Unión das Coroas en 1603. A Unión de Coroas unificou Inglaterra, Escocia e Irlanda baixo un so reiArmasDatasDetalles150px 150px</center>1603 - 1649Xacobe I de Inglaterra uniu o trono inglés e irlandés no 1603, e logo co de Escocia. Incorporando os elementos destes reinos ó escudo.200px</center>1649 - 1660Protectorado Inglés150px 150px</center>1660 - 1689Carlos II de Inglaterra restaurou as armas reais. Na versión escocesa engadíuse unha banda co lema Nemo me impune lacessit.200px</center>1689 - 1694Xacobe II de Inglaterra foi deposto por María II de Inglaterra e Guillerme de Orange. Os novos reis incorporaron as armas da casa de Orange-Nassau.200px</center>1694 - 1702Logo da morte de María II, Guillerme III gobernou usando as súas armas persoais. Nos adornos exteriores este monarca substituíu o lema «Dieu et mon droit» polo da súa liñaxe «Je Maintiendrai» («Mantendré»)200px 100px</center>1702 - 1707Ana I de Gran Bretaña herdou o trono ó morrer Guillerme III, e as armas reais volveron á versión de 1603. Esta raíña introduciu no seu escudo de armas o lema «Semper eadem» que xa fora empregado por Isabel I de Inglaterra.200px</center>1707 - 1714A Acta de Unión de 1707 creou o Reino de Gran Bretaña. As armas de Inglaterra e Escocia, Francia e Irlanda seguiron no escudo.200px</center>1714 - 1801Xurxo I de Gran Bretaña herdou o trono ó morrer a raíña Ana. Incorporou as armas de Hannover.200px</center>1801 - 1837A Acta de Unión de 1801 unificou os reinos de Reino de Gran Bretaña e Reino de Irlanda, creándose o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Xurxo III do Reino Unido, eliminou as armas francesas.200px1837 - 1952Desde 1837, cando accedeu ao trono a raíña Vitoria, no escudo do Reino Unido figuran as armas de Inglaterra, Escocia e Irlanda. Ata 1952 nas armas reais utilizouse unha representación heráldica da coroa real cuns diademas máis achatados coñecida como a Coroa dos Tudor, sobre non só o helmo pero tamén sobre as cabezas do león cimeira e do león soporte.200px1952 - 2022 A raíña Isabel II utilizou a Coroa de San Eduardo.200px2022 - actualidade Carlos III herdou o trono ó morrer a raíña Isabel II, e restaurou a Coroa dos Tudor nas armas reais.
Versións do Goberno miniatura|esquerda|Versión empregada polo Goberno británico. miniatura|Variante da Oficina para Escocia. O goberno británico utiliza unha versión simplificada das armas reais na que non aparece o helmo. Esta versión non foi definida oficialmente como escudo nacional, pero aparece nos pasaportes e nas bandeiras das embaixadas do Reino Unido.
Escocia A Oficina para Escocia, un organismo dependente do Ministerio de Xustiza do Reino Unido responsable das competencias non transferidas polo Goberno Británico ó Executivo Autónomo da Rexión e das relacións entre ambos, emprega unha variante das armas reales utilizadas en Escocia sen o helmo nin os estandartes dos soportes.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bandeira do Reino Unido Ligazóns externas Royal.gov.uk- Escudo de Armas Number 10 Downing Street- Real Escudo de Armas Heraldica.org- Escudo de Gran Bretaña
Reino Unido Categoría:Símbolos do Reino Unido