O Club Hoquei Mataró é un club de hóckey a patíns catalán da localidade de Mataró, na comarca de Maresme (Barcelona). O club foi fundado en 1951.

Historia O Club Hoquei Mataró (dende 1992 DC Mataró) acumula máis de cincuenta anos de historia. O primeiro partido oficial do club tivo lugar o 15 de outubro de 1951, e dous anos máis tarde creáronse os primeiros equipos de base.

O club conta nas súas vitrinas cunha Liga e unha copa de España, e competeu en cinco períodos diferentes na División de Honra nos últimos 40 anos.

Na tempada 2008-09, o equipo masculino descende á Primeira División, a segunda categoría do hóckey a patíns español, ao finalizar a fase regular da OK Liga na antepenúltima posición. A pesar do descenso, o club conseguiu o seu único título europeo ese ano, ao proclamarse campión da Copa CERS, gañando na final ao C.H. Lloret cun gol de Ferran Formatjé.

Palmarés 1 Copa do Rei: 1967 1 Copa do Príncipe: 2013 1 Copa CERS: 2008-09

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Mataró Mataró Categoría:Mataró