Cataluña (/kataˈluɲa/; en catalán: Catalunya [kətəˈɫuɲə] ou [kataˈɫuɲa]; en castelán: Cataluña [kataˈluɲa]; en aranés: Catalonha [kataˈluɲɑ] ou [kataˈluɲa]) é unha comunidade autónoma española, considerada nacionalidade histórica, situada no nordeste da Península Ibérica. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía:

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Occitania) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan 7.747.709 habitantes (2022) nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español,Instituto Nacional de Estadística, Contabilidade Rexional de España (principais resultados) Estrutura porcentual do PIB a prezos de mercado, segundo datos a data de 2007 sendo a cuarta en PIB per cápita, tras o País Vasco, Navarra e a Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Xeografía miniatura|300px|Mapa dos usos do solo en Cataluña segundo datos de 2002. miniatura|esquerda|Montserrat. Cataluña ten unha diversidade xeográfica relativamente moi marcada, tendo en conta o relativamente pequeno do seu territorio. A xeografía está condicionada polo litoral mediterráneo ao leste, con 580 quilómetros de costa, e as grandes unidades de relevo dos Pireneos ao norte. As coordenadas dos seus extremos son 3º 19' 59,94'' de lonxitude leste para o extremo oriental, 0º 9' 41,69'' de lonxitude leste para o extremo occidental, 42º 51' 45,97'' de latitude norte para o extremo setentrional e 40º 31' 27,56'' de latitude norte para o extremo meridional.

Aproximadamente o 28,7% do chan catalán está adicado aos cultivos, o 15,7% son prados e pastos, 1% corresponde a ríos, o 43,4% a fragas, o 6,7% a áreas urbanas e de urbanización e o 4,6% restante a outras actividades non especificadas.Quin tipus de territori tenim?

Topografía miniatura|dereita|262px|Baixo Ebro miniatura|262px|Pla de Bages, na Depresión Central O relevo catalán presenta, a grandes trazas, tres unidades estruturais xerais:

Os Pireneos (Pirineus).

Son unha formación montañosa que conecta a Península Ibérica co territorio continental europeo, situados ao norte de Cataluña. Os Pireneos cataláns representan case a metade, en lonxitude, de todo o Pireneo español, posto que se estende por máis de 200 km.

Tradicionalmente diferenciouse o Pireneo Axial, o principal do Prepireneo (meridional ao territorio catalán) e que son formacións montañosas paralelas ás cordilleiras principais pero con altitudes menores, menos escarpadas e dunha formación xeolóxica diferente. Ambas as unidades son máis anchas no occidente, ao contrario do oriente, onde se presentan os picos máis elevados. A elevación máis alta de Cataluña, que se atopa ao norte da comarca de Pallars Sobirà, é a Pica d'Estats con 3.143 m, seguida do Puigpedrós (2.914 m) e o Puigmal (2.910 m), os dous na fronteira con Francia. No Prepireneo destacan varias cordilleiras como a serra do Cadí ou a de Pedraforca.

As Cordilleiras Costeiras ou Sistema Mediterráneo. Son unha alternancia de elevacións e chairas paralelas á costa mediterránea. Este Sistema Mediterráneo ten a súa base en dúas cordilleiras máis ou menos paralelas á costa, nunha orientación noroeste-suroeste. Estas dúas cordilleiras son a Cordilleira Litoral (Serralada Litoral) e a Cordilleira Prelitoral (Serralada Prelitoral). A Litoral é de menor extensión e con altitudes menores, mentres que a Cordilleira Prelitoral é maior tanto en extensión como en altitude. Dentro o sistema atópase unha serie de terras chairas, as entidades maiores das cales forman a Depresión Litoral e a Depresión Prelitoral.

A Depresión Central (Depressió Central). É unha chaira que configura o sector oriental do Val do Ebro, entre os Pireneos e a Cordilleira Litoral, ocupando este territorio as comarcas do sur da provincia de Lleida e as centrais da de Barcelona. As terras da Depresión sitúanse entre os 200 e os 600 m de altitude. As chairas e as augas que descenden dos Pireneos fixeron que o territorio sexa fértil para campos de cultivo, construíndose numerosas canles de irrigación.

Hidrografía miniatura|210px|esquerda|O río Llobregat en Olesa de Montserrat. miniatura|210px|O río Ter en Sant Quirze de Besora. miniatura|210px|O río Segre na cidade de Lleida. Case a totalidade de Cataluña pertence á conca mediterránea. A rede hidrográfica catalá está integrada por dúas concas hidrográficas importantes, a do Ebro (Ebre) e as concas internas de Cataluña, todas desaugando ao Mediterráneo. Ademais, hai unha conca, a do Garona, que desemboca no océano Atlántico en territorio francés, mais só abarca o 1,73% do territorio.

A rede hidrográfica pódese dividir en dous sectores, un de vertente occidental ou do Ebro e un de vertente oriental formato por ríos menores que desembocan ao Mediterráneo ao longo do litoral catalán. O primeiro achega unha media de 18.700 hm3/ano, mentres que o segundo só achega unha media de 2.020 hm3/ano. A diferenza é debida á grande achega do Ebro, do cal o Segre é un importante afluente.

A conca do Ebro en Cataluña sérvese principalmente do río Segre como maior tributario, cuxa conca en solitario alcanza os 7.455 km², e ao que se lle suman como afluentes as concas da Noguera Pallaresa (2.811 km²) e Noguera Ribagorçana (1.013 km²). Todos os ríos seguen un eixo Pireneos-Ebro. Tras a afluencia do Segre, o Ebro diríxese cara ao Delta irrigando mediante outros afluentes un territorio de 3.757 km², en boa medida situado na área das Terres de l'Ebre.

As concas internas de Cataluña divídense habitualmente a partir daqueles ríos que nacen nos Pireneos e aqueles que o fan nas Cordilleiras Costeiras Catalás. As concas que conforman o eixo Pireneos-Mediterráneo confórmanas os ríos Llobregat, Ter, Fluvià, Muga e Tec (que discorre cara ao Rosellón). Estas concas discorren por unha área de 9.622 km². As concas restantes, seguindo o chamado eixo Mediterráneo, nacen tanto na Cordilleira Litoral, Prelitoral como na Chaira do Empordà e regan as súas augas por 6.890 km². Os ríos máis importantes son (de norte a sur) o Daró, a Tordera, o Besòs, o Foix, o Gaià, o Francolí e a Sénia.

A menor das concas catalás, a do río Garona, discorre maioritariamente polo Val de Arán. Recibe augas de numerosos ríos e barrancos que baixan polas ladeiras das montañas do val, e dentro do territorio catalán os seus afluentes máis longos son o Arriu Unhòla e o Arriu de Varradòs.

Cataluña ten ademais unha relativa riqueza de augas subterráneas que, aínda con certa desigualdade entre algunhas comarcas, abranguen toda a estrutura xeolóxica do territorio.Catalunya. El clima i la hidrografia Nos Pireneos cataláns hai tamén moitas lagoas pequenas, restos da época glaciar, sendo o maior o estany de Banyoles.

A costa miniatura|dereita|262px|Golfo de Roses. miniatura|esquerda|250px|Cidade de Sitges coas súas praias A costa catalá abrangue unha liña xeneralizada de máis de 500 km de lonxitude, aínda que en definición alcanza os 826,5 kmO Litoral. A costa tende a ser rectilínea sen grandes accidentes, sendo o máis salientábel o que producen os Pireneos en contacto mar, formando o cabo de Creus, xunto ao cal se acha o golfo de Roses.

Posteriormente e até Blanes aparece a Costa Brava, caracterizada por cantís de pequena altura e calas agochadas, seguindo logo unha longa liña de praias do Maresme, en paralelo á Cordilleira Litoral, só cortada por algúns portos comerciais e pesqueiros. A costa de Barcelona caracterízase por praias artificiais e un gran porto comercial que se estende ao longo de máis de nove quilómetros. A parte sur do porto desenvolveuse sobre a chaira do delta do Llobregat, que tras o porto debuxa unha liña suave costa de algo máis de 18 km.

Despois é o macizo do Garraf quen articula as costas en destacábeis cantís que, até despois de Sitges, non volven a ser rectilíneas e orientadas cara ao sur, até chegar á altura do porto de Tarragona, o segundo maior porto de Cataluña con máis de 5 km de longo, e finalmente ao cabo de Salou. As praias desta zona toman o nome de Costa Daurada na súa vertente turística.

Cara ao sur a costa é de novo suave, caracterizada por unha menor ocupación humana. O último grande accidente xeográfico determínao o golfo de Sant Jordi e as terras baixas do delta do Ebro, onde se achan illas e penínsulas, como as da Punta del Falgar ao norte e La Banya ao sur, que queda unida ao delta pola praia do Trabucador. A area das praias catalás é xeralmente dourada, e con certa tendencia a ser granulosa ao norte e máis fina ao sur.

Clima miniatura|225px|Pireneos cataláns, onde se teñen acadado temperaturas mínimas históricas de máis de -30 °C Cataluña goza dun clima mediterráneo, aínda que con grandes variacións de temperatura entre o litoral costeiro, cun clima suave, amornado no inverno e moi caloroso no verán; o interior que ten un clima continental mediterráneo, con invernos fríos e veráns moi calorosos; e as zonas montañosas próximas aos Pireneos, que teñen un clima de alta montaña, con mínimas baixo cero e neve abundante no inverno, precipitacións anuais por encima de 1.000 mm e veráns menos calorosos. A conca do Garona, no Val de Arán, ten un clima atlántico.

As temperaturas medias anuais oscilan dende os 0 °C nos Pireneos, até os 17 °C da costa do sur, chegando as temperaturas máximas até os 43 °C (nas Garrigues) e as mínimas aos -30 °C (nos Pireneos). As temperaturas extremas históricas rexistradas en Cataluña foron de 43 °C en Lleida e Igualada en xullo de 1982 e Montblanc en xullo de 1984, e de -32 °C no estany Gento, a 2.030 m de altitude, en febreiro de 1956. As precipitacións medias anuais oscilan entre os 350 litros do Segrià e os 1.200 da alta Garrotxa.

A humidade relativa media anual atópase en xeral en todo o territorio entre o 70% e o 75%. No litoral é bastante homoxénea durante todo o ano, mentres que no verán é mínima e no inverno acada o seu máximo, especialmente acusado nos lugares onde hai habitualmente néboas. O vento dominante en Cataluña, como en xeral no resto de Europa, é de poñente. Non obstante, tanto no norte como no sur dominan os ventos de compoñente norte: a tramuntana (do norte) especialmente no Alt Empordà e o mestral (do nordés) no sur. En canto a insolación, Cataluña ten unha media que oscila entre as 2.000 e 2.600 horas anuais.

Espazos naturais miniatura|dereita|225px|Fraga no Parque Natural do Montseny durante o outono