Acontecementos Extremo Oriente Shirakawa II, 77º emperador do Xapón (desde 1155) abdica do seu trono.

Europa 11 de xaneiro - Ladislau II é coroado rei de Bohemia en Ratisbona. 22 de maio - Reunidos en Sahagún, Fernando II de León e Sancho III de Castela concordan coordinar os seus esforzos para someter o rei Afonso Henriques de Portugal. 30 de agosto - Afonso VIII sucede a Sancho III no trono de Castela. Fernando II de León concede a vila de Portomarín á orde de San Xoán de Xerusalén. Fundación de Múnic polo rei Henrique o León. Conquista portuguesa de Alcácer do Sal. Creación da Orde de Calatrava. Fundación de Lübeck por Adolfo II de Holstein, confundadora da Hansa xunto con Hamburgo. Henrique o León loita contra os obodritas e organiza as marcas do Leste e a Pomerania. Campaña de Frederico Barbarroxa en Italia (até 1162. Destrúe Milán o 1 de setembro e vence as vilas lombardas en Roncaglia. Establécese unha liña regular de galeras entre Venecia e Alexandría. Paz entre os bizantinos e os normandos. Loita contra a gran propiedade eclesiástica en Bizancio: Manuel I Comneno prohibe que os mosteiros "aumenten as propiedades que posúen hoxe en día, en terra e en paisanos anexos", baixo pena de confiscación. En Rusia, conflito entre André Bogolioubski e a cadeira metropolitana pola creación dunha metrópole en Vladimir. Bizancio reafirma a unicidade de Kíiv como "metrópole de toda a Rusia" e autoriza só a creación dunha sé episcopal en Vladimir. Chegada de Manuel I Comneno a Cilicia. Obtén a submisión do príncipe armenio Thoros. En Antioquía, Renaud de Châtillon debe arrepentirse da súa expedición de piratería contra Chipre (1153 e recoñecer a soberanía bizantina. Baduíno III de Xerusalén negocia unha alianza inaugurada un ano antes polo seu casamento coa neta de Manuel, Teodora Commeno. Mais a má vontade dos aliados fai abortar a expedición proxectada contra Alepo. Campaña de Baduíno III e do cruzado Thierry de Flandres contra Nur ad-Din. Retoman Harim. No Xapón, Goshirakawa retírase, deixando o lugar de emperador baleiro.

Outros A libra esterlina tórnase na moeda de Inglaterra.

Nacementos

Mortes 27 de xullo - Godofredo VI de Anjou, conde de Anjou, do Maine e de Nantes (n. 1134). 30 de agosto - Sancho III de Castela (n. 1134). Dimitri I, rei de Xeorxia (n. 1093).

Historia ano a ano

Categoría:1158