En la brecha é unha curtametraxe política de 1937 producida pola Industria do Espectáculo de Barcelona colectivizada pola CNT, e dirixida por Ramón Quadreny. Está rodada en lingua castelá.

Sinopse Preséntase unha xornada laboral nunha fábrica téxtil catalá colectivizada durante a Revolución Española de 1936 polo sindicato anarquista CNT, presentando accións frecuentes do momento, con numerosas alegorías, para destacar o anarcosindicalismo.

Un traballador dunha empresa colectivizada diríxese a un comité para comentar que no taller onde traballa non existe delegado e recibe asesoramento. Un delegado dunha empresa comunica a baixa por enfermidade dunha traballadora. Vense distintos vehículos colectivizados por sindicatos (algúns deles en conxunto coa UXT). O delegado diríxese a un taller téxtil onde se ven numerosas mulleres traballando. O delegado come coa súa familia. Un grupo de obreiros fai instrución militar. Outro grupo de obreiros fachéndase do acadado mediante a revolución e da transformación da sociedade en Cataluña. Vese unha aula na que unhas mulleres aprenden matemáticas aplicadas á economía familiar. Aparecen diversos planos de operarios traballando. Reunión duns obreiros discutindo acerca da produción. A través dunha analepse vese unha escena da mesma sala de reunións no ano anterior, cun propietario burgués con pose de suficiencia sobre os seus traballadores dando ordes e insinuándose a unha secretaria. Vólvese á reunión do presente cos obreiros propoñendo a creación dunha biblioteca científica. Despois coméntase que a situación dos obreiros que están no Exército Popular é transitoria, e que as súas enerxías deben empregarse nos talleres e non nos cuarteis. A curtametraxe remata cun plano no que aparecen chemineas industriais xunto a un miliciano armado mentres soan os acordes do himno A las barricadas.

Licenza A curtametraxe conta coa seguinte licenza:

Véxase tamén Ligazóns externas En la brecha, ficheiro MPEG . artigo sobre a curtametraxe no blog Cine Político .

Categoría:Curtametraxes Categoría:Filmes en branco e negro Categoría:CNT Categoría:Filmes de 1937