O Burnley Football Club, alcumado "The Clarets" polos seus seareiros, é un equipo de fútbol profesional da cidade de Burnley, Inglaterra. Foron membros fundadores da Football League en 1888. As cores do club son o granate e o azul, de onde procede o alcume do equipo (The Clarets, en referencia á cor viño ou cor granate), e o seu terreo de xogo como local dende 1883 Turf Moor.

O Burnley é posuidor de dous títulos de campionato de liga, 1920-21 e 1959-60, e unha FA Cup ou Copa de Inglaterra. Ademais, The Clarets conseguiron chegar aos cuartos de final da Copa de Europa en 1961. O Burnley é tamén un dos únicos tres equipos que conseguiron ser campións de cada unha das catro divisións profesionais do fútbol inglés. Os outros dous equipos son o Preston North End e o Wolverhampton Wanderers.

O club pasou gran parte da súa historia nas dúas primeiras divisións inglesas, aínda que permanecendo da máxima categoría dende 1976 a 2009. Dende 1985 a 1992 pasaron sete anos na categoría máis baixa da Football League, chegando incluso en 1987 a salvarse por pouco de descender das ligas profesionais inglesas. Porén, entre os anos 2000 e 2009 xogaron na segunda división, até acadar por primeira vez o ascenso á Premier League trinta e tres anos despois da última vez, logo de acadar a vitoria no play-off de ascenso a esta categoría. Despois de gañar os seus primeiros catro partidos como locais, son agora o equipo recentemente ascendido que máis partidos consecutivos gaña na casa, despois de bater o anterior récord de tres vitorias do Blackburn Rovers, equipo que é un dos maiores rivais do club.

Xogadores Cadro Cadro actualizado a 31 de xaneiro de 2017.

Récords de xogadores Estatísticas a 7 de maio de 2016. Os xogadores en letra grosa seguen a xogar actualmente no Burnley. Na clasificación de máximos goleadores só se inclúen xogadores con máis de cen partidos no club. Partidos xogados #NomePeríodoApariciónsGoles1 Jerry Dawson1907–192852202= John Angus1950–196443942= Jimmy McIlroy1950–19634391164 Alan Stevenson1971–198343805 Tommy Cummings1948–196343436 Jimmy Adamson1950–1964426177 Martin Dobson1967–1974/1979–1984410638 Fred Barron1898–1911400139 Brian Miller1955–19663792910 George Waterfield1923–19353715

Máximos goleadores #NomePeríodoGolesApariciónsGoles por partido1 George Beel1923–19321783162 Ray Pointer1957–19651182233 Jimmy McIlroy1950–19631164394 Louis Page1925–19311112485 Bert Freeman1911–19211031666 Andy Lochhead1960–19691012267 Bob Kelly1913–1925882278 John Connelly1956–1964862159= Jimmy Robson1956–1965792029= Billy Bowes1890–190179269

Palmarés Nacional Liga First Division (actual Premier League): 2 1920-21, 1959-60 Second Division: 2 1897-98, 1972-73 Third Division: 1 1981-82 Fourth Division: 1 1991-92

Copas FA Cup: 1 1913-14 FA Charity/Community Shield: 2 (1 pleno dereito, 1 compartida) 1960 (compartida), 1973, Anglo-Scottish Cup: 1 1978–79

Véxase tamén Outros artigos Burnley Turf Moor

Ligazóns externas Sitio web oficial Vital Burnley, sitio web non oficial de seareiros Clarets Mad. Sitio web dos seareiros do Burnley

Categoría:Equipos de fútbol de Inglaterra