A Trabe ou Atrave é unha aldea pertencente a parroquia de San Bartolomeu de Berrande, no concello ourensán de Vilardevós. Segundo o IGE en 2009 tiña 52 habitantes (25 homes e 27 mulleres). Neste lugar está unha das estacións meteorolóxicas de MeteoGalicia.Estación da Trabe , na páxina web de MeteoGalicia.
Toponimia O topónimo de Atrave (tamén aparece escrito como Atrabe no 1763) é máis complexo do que parece. Xerardo Dasairas afirma, no seu libro Crónicas Rexiomontanas, que posiblemente proveña dun antropónimo latino Atrabi<Atravius ou dun xermánico Astrabi. Manuel Domínguez Quiroga no seu libro de Toponimia da provincia de Ourense tamén ofrece varias posibilidades:
A primeira ten que ver coa palabra trave, dado que segundo o dicionario Estraviz, significa tronco groso dunha árbore. Posiblemente no lugar había árbores grosas.
A segunda afirma tamén a posibilidade dun antropónimo latino Atrabius. ( xenitivo: Atravi).
Lugares e parroquias Lugares de Berrande
Parroquias de Vilardevós
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Vilardevós
Categoría:Lugares de Vilardevós