A Liga Nacional Hockey Hielo ou LNHH, coñecida por motivos de patrocinio como LNHH Loterías é a máxima categoría do hóckey sobre xeo do estado español. Está regulada pola Federación Española de Deportes de Xeo dende a súa formación en 2006. Anteriormente dependía da Federación Española de Deportes de Inverno.

Historia A pesar de que o primeiro partido de hóckey xeo dun equipo español tivo en lugar en decembro de 1923, non foi ata 1973 cando se instaurou un campionato nacional. Os seis equipos que participaron nesa primeira edición foron: Real Sociedad, FC Barcelona, CH Jaca, CH Valladolid, CG Puigcerdà e CH Madrid.

Os primeiros anos os equipos estaban formados na súa totalidade por xogadores nacionais por petición da Real Sociedad, que quería fomentar este deporte no canto de contratar a profesionais foráneos.

A partir da tempada 1978-79, o campión de España foi convidado a participar na Copa de Europa de Hóckey Xeo. O campionato sénior foi suspendido de 1986 a 1988 debido ás dificultades financeiras dos clubs, que viron como os seus patrocinadores deixaban de achegar cartos.

O 12 de setembro de 2024 presentouse a Liga Ibérica de Hockey Hielo, unha competición disputada por equipos españois e portugueses de xeito simultáneo á LNHH. Na súa primeira edición na tempada 2024-25 tivo sete equipos (seis españois e un portugués) que disputaron 21 xornadas, logo das cales o equipo que encabezou a clasificación foi proclamado campión. A Liga Ibérica naceu como resultado do acordo de colaboración das federacións de España e Portugal que procura o desenvolvemento do hóckey sobre xeo en ambos países e que no momento da presentación da nova competición tiña previsto ampliarse coa inclusión de Andorra e coa creación da Supercopa Ibérica. A primeira xornada da Liga Ibérica disputouse os días 21 e 22 de setembro. e finalizará o 23 de febreiro de 2025. O 16 de febreiro de 2025 o CH Jaca converteuse no primeiro campión da nova competición logo de conseguir un rexistro de 17 vitorias (unha delas na prórroga) e unha única derrota.

Formato Cada equipo enfróntase ao resto dúas veces ao longo do campionato, unha vez na casa e outra a domicilio. A tempada 2007-08 comezou con 7 equipos, xogándose tres partidos en cada xornada e quedando un equipo sen xogar. A partir da Xornada 3 engadiuse ao club vascofrancés Anglet Hormadi, que xogaría contra o equipo que nun principio descansaba en cada xornada. O venres 14 de decembro de 2007 retirouse o HCG Val d'Aran Vielha e o día 15 o CH Jaca, malia o éxito colleitado na tempada. Ámbolos dous clubs tiveron dificultades económicas e se encontraban sen pista, patrocinadores nin fondos para os desprazamentos. O Aramón CH Jaca reincorporouse ao campionato na tempada 2008-09 con patrocinadores e presuposto renovados.

Dende a tempada 1994-95, trala liga regular dispútanse os playoffs, xogando o 1º clasificado co 8º, o 2º co 7º, o 3º co 6º e o 4º co 5º. Os partidos de cuartos de final xóganse ao mellor de 3 partidos, xogando o equipo mellor clasificado primeiro como visitante e o segundo e terceiro partido (en caso de ser necesario) como local.

As semifinais dispútanse ao mellor de 5 partidos, xogando os equipos mellor clasificados os dous primeiros partidos como locais, o terceiro e o cuarto (en caso de ser necesario) como visitantes, e o quinto de novo como locais. A final xógase ao mellor de 5, seguindo o mesmo sistema que nas semifinais, e o vencedor participa na Copa Continental Europea da IIHF. En caso de renunciar, o subcampión podería obtar a xogar a competición europea.

O formato que se deseñou para os playoff, trala retirada da competición do HCG Val d'Aran Vielha e do CH Jaca, é o seguinte: o primeiro e segundo clasificados na liga regular pasan directamente ás semifinais, mentres que o terceiro e cuarto clasificado disputan 2 partidos, un na casa e outro a domicilio, contra o sexto e o quinto clasificados respectivamente. Os dous equipos gañadores da primeira rolda pasan á semifinal, que xogarán contra o primeiro e segundo, e seguidamente chegan á final. En 2008 o Jaca regresou á competición e mantense o mesmo sistema, quedando o sétimo equipo eliminado do playoff.

Clubs Clubs participantes na tempada 2023-2024

Equipo LocalidadeEstadio CapacidadeBarcelonaBarcelonaPalau de Gel1256CH HuarteHuartePalacio de Hielo de Huarte500JacaJacaPavillón de Xeo2000MajadahondaMajadahondaPalacio del Hielo250Milenio PanthersLogroñoLobete600HC Porto Porto (Portugal)Sen estadion/aPuigcerdàPuigcerdàPista de Gel1450Txuri UrdinSan SebastiánPalacio del Hielo800

Clubs participantes en anteriores edicións 20px CH Boadilla (Boadilla del Monte). 20px CH Madrid (Madrid). 20px CH Collado Villalba (Collado Villalba). 20px CH Leganés (Leganés). 20px CH Valladolid. 20px Sevilla. 20px Real Sociedad (Donostia). 20px Casco Viejo Bilbao/CH Vizcaya (Bilbao). 20px Nogaro Bilbao (Bilbao). 20px Zubi-Alde (Portugalete). 20px Gasteiz IHT (Vitoria). Anglet Hormadi Élite (Anglet). CH Gel Barcelona (Barcelona). CG Barcelona-Catalunya (Barcelona). Club Alpí Núria Non chegou a participar no campionato. HCG Val d'Aran Vielha. 20px CH Las Palmas.

Palmarés A seguinte táboa amosa o resultado final de tódalas edicións disputadas:Historial da liga española de hockey sobre xeo TempadaCampiónResultadoFinalista —1º da liga regular2025-26 -2024-25 CG Puigcerdà3 - 0 CH Jaca - CH Jaca2023-24 CH Jaca3 - 2 Majadahonda HC - CH Jaca2022-23 CH Jaca3 - 2 FC Barcelona - CH Jaca2021-22 FC Barcelona3 - 1 CG Puigcerdà - CG Puigcerdà2020-21 FC Barcelona3 - 0 CG Puigcerdà - FC Barcelona2019-20 CG Puigcerdà2 - 0 CH Txuri-Urdin - FC Barcelona2018-19 CH Txuri-Urdin3 - 2 CG Puigcerdà - CH Txuri-Urdin2017-18 CH Txuri-Urdin3 - 0 CH Jaca - CH Txuri-Urdin2016-17 CH Txuri-Urdin3 - 0 CH Jaca - CH Txuri-Urdin2015-16 CH Jaca3 - 2 CH Txuri-Urdin - CH Txuri-Urdin2014-15 CH Jaca3 - 2 CG Puigcerdà - CH Jaca2013-14 CD Hielo Bipolo3 - 1 CG Puigcerdà - CD Hielo Bipolo2012-13 CD Hielo Bipolo3 - 0 CG Puigcerdà - CD Hielo Bipolo2011-12 CH Jaca3 - 1 CG Puigcerdà - CH Jaca2010-11 CH Jaca2 - 0 FC Barcelona - CH Jaca2009-10 CH Jaca3 - 1 CG Puigcerdà - CG Puigcerdà2008-09 FC Barcelona2 - 0 CG Puigcerdà - FC Barcelona2007-08 CG Puigcerdà2 - 0 Anglet Hormadi - CG Puigcerdà2006-07 CG Puigcerdà2 - 0 CH Jaca - CG Puigcerdà2005-06 CG Puigcerdà2 - 0 CH Jaca - CH Jaca2004-05 CH Jaca3 - 0 CH Txuri-Urdin - CH Jaca2003-04 CH Jaca3 - 0 CG Puigcerdà - CH Jaca2002-03 CH Jaca3 - 0 FC Barcelona - CH Jaca2001-02 FC Barcelona3 - 2 CH Jaca - CH Jaca2000-01 CH Jaca3 - 1 CG Puigcerdà - CH Jaca1999-00 CH Txuri-Urdin2 - 1 CH Jaca - CH Jaca1998-99 CH Txuri-Urdin2 - 0 CG Puigcerdà - FC Barcelona1997-98 Majadahonda HC2 - 0 CG Puigcerdà - CH Jaca1996-97 FC Barcelona2 - 1 CH Jaca - CH Jaca1995-96 CH Jaca2 - 0 FC Barcelona - CH Txuri-Urdin1994-95 CH Txuri-Urdin1 - 0 CH Jaca - CH Txuri-Urdin Antes da tempada 1994-95 no existían as eliminatorias finais polo título, salvo por unha tempada de xeito excepcional, a 1985-86, así que o campión era o primeiro da táboa tralo remate da liga regular. TempadaPrimeiro —Segundo1993-94 CH Jaca - CH Txuri-Urdin1992-93 CH Txuri-Urdin - CH Jaca1991-92 CH Txuri-Urdin - CH Jaca1990-91 CH Jaca - CH Txuri-Urdin1989-90 CH Txuri-Urdin - CH Jaca1988-89 CG Puigcerdà - CH Jaca Nas tempadas 1986-87 e 1987-88 só houbo campionato en categorías sub-20 e sub-21, pero a Federación Española de Deportes de Xeo recoñece ámbolos dous campionatos como oficiais e como valedeiros para o palmarés xeral da liga española de hockey sobre xeo: TempadaPrimeiro —Segundo1987-88 FC Barcelona CH Txuri-Urdin1986-87 FC Barcelona CG Puigcerdà TempadaCampiónResultadoFinalista —1º da liga regular1985-86 CG Puigcerdà1 - 0 CH Jaca - CG Puigcerdà TempadaPrimeiro —Segundo1984-85 CH Txuri-Urdin - CH Jaca1983-84 CH Jaca - CG Puigcerdà1982-83 Vizcaya Bilbao - CH Jaca1981-82 Vizcaya Bilbao - FC Barcelona1980-81 Casco Viejo Bilbao - FC Barcelona1979-80 CH Txuri-Urdin - Casco Viejo Bilbao1978-79 Casco Viejo Bilbao - CH Txuri-Urdin1977-78 Casco Viejo Bilbao - FC Barcelona1976-77 Casco Viejo Bilbao - FC Barcelona1975-76 CH Txuri-Urdin - FC Barcelona1974-75 Real Sociedad SS - FC Barcelona1973-74 Real Sociedad SS - ?1972-73 Real Sociedad SS - CH Madrid Por club NºTítulosEquipoCampionatos 15 CH Jaca 1983-84, 1990-91, 1993-94, 1995-96, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2004-05, 2009-10, 2010-11, 2011-12, 2014-15, 2015-16, 2022-23, 2023-24 12 CH Txuri-Urdin 1975-76, 1979-80, 1984-85, 1989-90, 1991-92, 1992-93, 1994-95, 1998-99, 1999-00, 2016-17, 2017-18, 2018-19 7 CG Puigcerdà 1985-86, 1988-89, 2005-06, 2006-07, 2007-08, 2019-20, 2024-25 7 FC Barcelona 1986-87, 1987-88, 1996-97, 2001-02, 2008-09, 2020-21, 2021-22 6 Casco Viejo Bilbao 1976-77, 1977-78, 1978-79, 1980-81, 1981-82, 1982-83 4 Real Sociedad S.S. † 1972, 1972-73, 1973-74, 1974-75 2 CD Hielo Bipolo 2012-13, 2013-14 1 Majadahonda HC 1997-98

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hóckey sobre xeo en España

Ligazóns externas Hóckey Xeo Website Federación Española de Deportes de Xeo Real Federación Española de Deportes de Inverno

Categoría:Liga Nacional Hockey Hielo