dereita|miniatura|CEIP Rogelio García Yáñez. O Picouto é un lugar da parroquia de Freás de Eiras, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o INE en 2022 tiña 131 habitantes (59 homes e 72 mulleres).
No lugar, situado a carón da estrada OU-531 (antiga C-531), estánvarios edificios públicos como a casa consistorial, o cuartel da Garda Civil e o CEIP Rogelio García Yáñez. Este centro leva o nome dun emigrante do concello que no ano 1935 doou diñeiro para construír unha escola. Esta edificación, de estrutura indiana, aínda se conserva na actualidade, sendo unha das escasas mostras de arquitectura indiana da provincia ourensá. Lugares e parroquias Lugares de Freás de Eiras
Parroquias de Ramirás
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ramirás
Categoría:Lugares de Ramirás