Tarvos , ou tamén coñecido coma Saturno XXI, é un satélite irregular de movemento directo de Saturno. Foi descuberto por John J. Kavelaars, e o seu equipo o 23 de setembro do 2000 e recibiu a designación temporal de S/2000 S 4. O nome oficial outorgóuselle en agosto do 2003, Tarvos era unha deidade da mitoloxía gala vista coma un touro que portaba tres grúas ó longo do seu lombo.IAUC 8177: Satellites of Jupiter, Saturn, Uranus 8 de agosto do 2003 (bautizando a lúa)

Tarvos orbita Saturno a unha distancia media de 18 millóns de km en 926 días e ten un diámetro aproximado de 15 km (asumindo un albedo do 0,04). Ten a órbita máis excéntrica entre os satélites de Saturno.

Membro do grupo de satélites irregulares Gallic, que amosan características orbitais semellantes así coma unha cor vermella clara, pensase que é posible que Tarvos nacese da fragmentación do corpo proxenitor do grupoGrav, T.; Holman, M. J.; Gladman, B. J.; Aksnes, K.; Photometric survey of the irregular satellites, Icarus, 166 (2003), pp. 33-45Gladman, B. J.; Nicholson, P. D.; Burns, J. A.; Kavelaars, J. J.; Marsden, B. G.; Holman, M. J.; Grav, T.; Hergenrother, C. W.; Petit, J.-M.; Jacobson, R. A.; e Gray, W. J.; Discovery of 12 satellites of Saturn exhibiting orbital clustering, Nature, 412 (12 de xullo do 2001), pp. 163–166 ou que sexa un fragmento de AlbiorixGrav, T.; and Bauer, J.; A deeper look at the colors of Saturnian irregular satellites.

Notas

Ephemeris IAU-MPC NSES

Véxase tamén

Outros artigos Saturno Albiorix Erriapus Bebhionn Grupo Galo Grupo Inuit

Ligazóns externas David Jewitt pages Saturn's Known Satellites (by Scott S. Sheppard)

Categoría:Lúas de Saturno