A Real Federación Española de Fútbol (RFEF) é o organismo reitor do fútbol en España. Foi fundada en 1913, aínda que ten o seu antecedente directo na Federación Española de Clubs de Football, constituída en 1909. Está afiliada á FIFA, UEFA, COI e COE.

A 30 de xuño de 2007 tiña 18.286 clubs inscritos e 697.195 futbolistas federados, o que a converte na federación deportiva con máis licenzas de España.

Historicamente, desde a súa fundación, a súa sede estaba en Madrid. Desde 2003 trasladouse á veciña localidade de Las Rozas, onde se atopa a Cidade do Fútbol.

Federacións territoriais A RFEF está integrada por 19 federacións rexionais ou territoriais, que se encargan da organización do fútbol nas distintas comunidades autónomas de España. Algunhas destas federacións territoriais son ata máis antigas que a propia RFEF, como a Federación catalá.

Comunidade autónoma Federación Andalucía Federación Andaluza de Fútbol (FAF) Aragón Federación Aragonesa de Fútbol Asturias Real Federación de Fútbol del Principado de Asturias 20px|border Illas Baleares Federació de Futbol de les Illes Balears Canarias Federación Canaria de Fútbol (FCF) Cantabria Federación Cántabra de Fútbol Castela e León Federación de Castilla y León de Fútbol (FCYLF) Castela-A Mancha Federación de Fútbol de Castilla-La Mancha Cataluña Federació Catalana de Futbol (FCF) 20px Ceuta Federación de Fútbol de Ceuta Comunidade Valenciana Federación de Fútbol de la Comunidad Valenciana Comunidade de Madrid Federación de Fútbol de Madrid (FFM) Estremadura Federación Extremeña de Fútbol Galicia Federación Galega de Fútbol 20px Melilla Federación Melillense de Fútbol Rexión de Murcia Federación de Fútbol de la Región de Murcia (FFRM) Navarra Federación Navarra de Fútbol País Vasco Federación Vasca de Fútbol / Euskadiko Futbol Federakundea A Rioxa Federación Riojana de Fútbol Presidentes Presidentes da FECF PresidentePeríodo Pedro Sánchez de Neyra (Marqués de Casa Alta) 1909-1911 Ramón Paz Iglesias 1911-1911 José Ortega 1911-1911 Joan Padrós Rubio 1911-1911 Ricardo Ruiz Ferry 1911-1912 Ramón Paz Iglesias 1912-1912 Joan Padrós Rubio 1912-1913

Presidentes da RFEF PresidentePeríodo Francisco García 1913-1916 Gabriel Maura 1916-1920 David Ormaechea 1921-1923 Gabriel Maura1923-1924 Julián Olave1924-1926 Antonio Bernabéu1926-1927 Pedro Díez de Rivera 1927-1931 Leopoldo García1931-1936 Julián Troncoso1939-1940 Luis Saura 1940-1941 Javier Barroso 1941-1946 Jesús Rivero 1946-1947 Armando Muñoz Calero1947-1950 Manuel Valdés 1950-1952 Sancho Dávila 1952-1954 Juan Touzón 1954-1956 Alfonso de la Fuente Chaos 1956-1960 Benito Pico 1960-1967 José Luis Costa 1967-1970 José Luis Pérez-Paya 1970-1975 Pablo Porta 1975-1984 José Luis Roca 1984-1988 Ángel María Villar 1988-2017Juan Luis Larrea 2017-2018Luis Rubiales 2018-2023Rafael Louzán2024-Act.

Véxase tamén Outros artigos Selección de fútbol de España Eurocopa España 1964 Mundial de fútbol España 1982

Ligazóns externas Sitio web oficial

España Categoría:Organizacións futbolísticas de España Futbol Categoría:Placa de ouro da Real Orde do Mérito Deportivo