Matsuyama (松山市, まつやまし, Matsuyama-shi) é unha cidade xaponesa, capital da prefectura de Ehime, na illa de Shikoku. Localizada no nordeste da chaira de Dōgo, ten 515.122 habitantes.
A cidade fortificouse ao comezo do século XVII, son famosas as súas caldas, entre as que destaca a de Dōgo onsen, a máis antiga do Xapón. O 1 de xaneiro de 2005, a cidade de Hojo e a vila de Nakajima uníronse á cidade de Matsuyama.
Turismo e lugares de interese Castelo de Matsuyama (松山城). Dōgo onsen (道後温泉). Templo de Taisan-ji (太山寺). Templo de Ishite-ji (石手寺).
Universidades Universidade de Ehime (愛媛大学). Universidade de Matsuyama (松山大学).
Cidades irmandadas Sacramento (1981). Friburgo (1989).
Galería de imaxes
Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial de Matsuyama (en xaponés e inglés).
Categoría:Cidades do Xapón Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Ehime