Teutates (tamén chamado Tutatis) era o deus celta protector da tribo na Galia e as Illas Británicas. Foi o antecesor dos homes e o seu lexislador, gardián, árbitro e defensor dos seus pobos. Formaba parte dos Deuses da Noite (os máis importantes da Galia) xunto a Esus e Taranis. A palabra Teutates ou Toutatis é auténtica e con testemuñas escritas.Listing for Toutatis de www.arbre-celtique.com.
Actualmente é coñecido como Toutatis (pronunciado [towˈtaːtis] en galoPierre-Yves Lambert (2003). La langue gauloise. Éditions Errance, París.). É coñecido por ser unha expresión usual (¡Por Tutatis!) para os galos das historietas de Astérix, de René Goscinny e Albert Uderzo.
Etimoloxía Teutates pode derivar do proto-céltico *teutāto-, que significa "unidos tribalmente". Suxeriuse que o nome significa "pai da tribo"Pierre-Henri Billy. 1993. Thesaurus linguae Gallicae. Olms-Weidmann. ISBN 3-487-09746-X.Proto-Celtic—English lexicon and English—Proto-Celtic lexicon Universidade de Gales Centre for Advanced Welsh and Celtic Studies., formado teut- (deus) e -tat (pai) , mais se fora así, o nome esperado sería *Teutahatres.
Culto Era visto como espírito de guerra, produtividade, construtividade e riqueza. Tamén é coñecido como Albiorix ("rei do mundo") e Caturix ("rei da batalla"). Ofrecíanselle sacrificios humanos para apacigualo e como medio de redención. Parece ter sido máis ben un espírito da unidade e harmonía da tribo (ás veces confundido con Ogmios). Cada tribo tiña o seu propio Teutates. En tódalas inscricións ás que se lle fai referencia se lle asocia a Marte, polo que non se sabe se Teutates era un cualificativo divino aplicado a este planeta, ou ben era o equivalente ao Deus Romano Marte e era como el unha divindade guerreira.
Nos seus rituais era común facer un sacrificio humano, onde as vítimas ofrecidas eran consumidas polo lume en actos que se realizaban sobre todo na guerra. Xeralmente ditas vítimas eran cativos de guerra, que se ofrecían a este Deus nun acto soamente relixioso, queimándoo xunto a tódolos botíns de guerra que obtiveran na batalla.
Centros de culto Teutates foi venerado especialmente na Galia e na Bretaña romana. A el se lle alzaron altares de pedra.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Taranis (deus) Esus Bibliografía Clémençon, Bernard; Ganne, Pierre M. "Toutatis chez les Arvernes: les graffiti à Totates du bourg routier antique de Beauclair (communes de Giat et de Voingt, Puy-de-Dôme)". In: Gallia, tome 66, fascicule 2, 2009. Archéologie de la France antique. pp. 153–169. [DOI: https://doi.org/10.3406/galia.2009.3369] ; www.persee.fr/doc/galia_0016-4119_2009_num_66_2_3369 Lajoye, Patrice; Lemaître, Claude. "Une inscription votive à Toutatis découverte à Jort (Calvados, France)". In: Etudes Celtiques, vol. 40, 2014. pp. 21–28. [DOI: https://doi.org/10.3406/ecelt.2014.2423] ; www.persee.fr/doc/ecelt_0373-1928_2014_num_40_1_2423
Categoría:Deuses celtas Categoría:Deuses da guerra