Habana Blues é unha película franco-hispano-cubana do ano 2005 dirixida por Benito Zambrano. As letras das cancións da película conteñen críticas aos problemas de Cuba como a pobreza ou os cortes de electricidade.

Sinopse

Conta a historia de dous mozos músicos, Ruy e Tito, que mesturan a música tradicional cubana e a música máis moderna como o rap nas súas cancións, que conseguen posibilidade de salto internacional grazas a unha empresa española de gravación, pero para iso teñen que criticar a utopía cubana, porque así se vende mellor en Europa. Ruy considera isto unha traizón barata ao seu país, que ama a pesar dos seus defectos, pero Tito ve a posibilidade comercial que hai detrás do plan.

Premios e candidaturas Goya 2005 Categoría Persoa ResultadoMellor música orixinalJuan Antonio Leyva, Magda Rosa Galván, José Luis Garrido, Equis Alfonso, Dayan Abad, Descemer Bueno, Enrique Ferrer Orsini e Kelvis OchoaGañadoresMellor montaxeFernando PardoGañadorMellor directorBenito ZambranoCandidatoMellor dirección de produciónEduardo Santana e Ernesto ChaoCandidatos

Círculo de escritores cinematográficos Categoría Persoa ResultadoMellor músicaJuan Antonio Leyva, Magda Rosa Galván, José Luis Garrido, Equis Alfonso, Dayan Abad, Descemer Bueno, Enrique Ferrer Orsini e Kelvis OchoaGañadoresMellor directorBenito ZambranoCandidatoMellor montaxeFernando PardoCandidatoMellor películaCandidataMellor guión orixinalBenito Zambrano e Ernesto ChaoCandidatos

Premios ACE Categoría Persoa ResultadoMellor actorAlberto YoelGañadorMellor directorBenito ZambranoGañador

Premios da Música Categoría Persoa ResultadoMellor Álbum de Banda Sonora de Obra CinematográficaAndrés Levin, Ileana Padron, José Luis Garrido, Equis Alfonso, Dayan Abad, Javier Krahe, Enrique Ferrer Orsini, Carlos Chaouen e Kelvis OchoaGañadores

Premios Turia Categoría Receptor ResultadoMellor película españolaBenito ZambranoGañadora

Véxase tamén Outros artigos Porno para Ricardo, grupo que inspirou ao director algunhas das ideas da película. Habana Blues Band, banda formada polos músicos da película despois da rodaxe desta.

Ligazóns externas Habana Blues, sitio oficial

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Benito Zambrano