Cinderella é un filme de animación baseado no relato de Charles Perrault: Cincenta. É o duodécimo filme producido pola Walt Disney Pictures, estreado o 15 de febreiro de 1950, e distribuído pola RKO Radio Pictures nos cines dos Estados Unidos. O filme inclúe cancións coma "A Dream Is a Wish Your Heart Makes", "Bibbidi-Bobbidi-Boo", "So This Is Love", "Sing Sweet Nightingale", "The Work Song", e "Cinderella." As cancións foron escritas e compostas por Mack David, Al Hoffman, e Jerry Livingston. O filme é dirixido por Clyde Geromini, Wilfred Jackson, e Hamilton Lusk.

Sinopse Cincenta é unha fermosa moza que, despois da morte do seu pai é forzada a facer de serva da súa madrasta e das súas fillas que a explotan, mentres elas desbalden a fortuna do seu falecido pai. Un día, chega un convite para unha gran festa que ía ofrecer o príncipe, e Cincenta ve unha oportunidade para se poder sentir como as outras rapazas da súa idade. Coa máxica axuda da súa fada madriña consegue ir ao baile e cae namorada do príncipe, mais ás doce da medianoite vese na obriga de volver a casa deixando o príncipe. Este que tamén se namorou da bélida Cincenta realiza unha pescuda para a atopar grazas ao zapatiño de cristal que deixou esquecido na súa pronta fuxida, indo por todo o reino probándollo ás raparigas casadeiras. Após descubrir que o zapatiño pertencía a Cincenta, xa que ás outras mozas non lles serviu, ambos os dous casan e rematan felices para sempre.

Personaxes Betty Lou Gerson como Narrador Ilene Woods como Cinderella Eleanor Audley como Lady Tremaine Luis Van Rooten como Grand Duque e o Rei Jimmy MacDonald como Jaq, Gus e Bruno William Phipps (Mike Douglas, cantando) como Príncipe Encantador Lucille Bliss como Anastasia Tremaine Rhoda Williams como Drizella Tremaine Verna Felton como Fada madriña Don Barclay como Footman June Foray como Lucifer

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes de 1950 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes producidos por Walt Disney Categoría:Filmes dirixidos por Clyde Geronimi Categoría:Filmes dirixidos por Wilfred Jackson Categoría:Filmes dirixidos por Hamilton Luske Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Filmes baseados en contos de fadas Categoría:Filmes baseados en Cincenta Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes gañadores do Oso de Ouro