A illa da Insuíña, tamén coñecida coma illa de Medal, é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m².

A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas.

No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 €, sendo restaurada e acondicionada.

Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con ameas, e conta cun pombal, un hórreo, e unha pérgola, todo feito con granito do país.

Galería de imaxes

Véxase tamén Outros artigos Illote do Castelo Ligazóns externas "Ponte Sampaio recupera A Insuíña para goce público", artigo en La Voz de Galicia, 5 de marzo de 2010 (consultado o 5 de marzo de 2010).

Insuina Categoría:Xeografía de Pontevedra Categoría:Penínsulas de Galicia Categoría:Illas fluviais de Galicia