Alan Hale, nado en Tachikawa (Xapón) en 1958 e finado en Cloudcroft (Novo México) o 6 de xuño de 2026, foi un astrónomo estadounidense.

Traxectoria Pasou a súa xuventude en Alamogordo (Novo México). Serviu na Armada dos Estados Unidos entre 1976 e 1983, cando deixou a Armada, graduouse na Academia Naval no 1980. O seu seguinte traballo foi no Jet Propulsion Laboratory (JPL) onde traballou até 1986. Mentres estaba no JPL, traballou coma contratista de enxeñeiros para a Deep Space Network, involucrándose tamén en varios proxectos de desenvolvemento de naves espaciais, incluíndo o Voyager 2. Despois do encontro do Voyager con Urano, deixou o JPL para asistir a Universidade Estatal de Novo México en Las Cruces, obtendo o doutoramento en astronomía no 1992. Ollando un mercado laboral pobre para os astrónomos, fundou o Southwest Institute for Space Research.

Descubriu xunto con Thomas Bopp o Cometa Hale-Bopp no 1995, despois de observar máis de 200 cometas.

Bibliografía Newcott, William R. (1997). "The age of comets". National Geographic,p. 100.

Véxase tamén Ligazóns externas Southwest Institute for Space Research .

Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1958

Categoría:Finados en 2026