"Try, Try, Try" é unha canción de The Smashing Pumpkins. Foi o terceiro e derradeiro sinxelo do seu quinto álbum MACHINA/The Machines of God. O tema foi composto polo líder da banda Billy Corgan, e no sinxelo está acompañado pola cara-b "Here's to the Atom Bomb". Como a meirande parte dos seus sinxelos posteriores, "Try, Try, Try" non tivo éxito comercial e o cru vídeo musical que se realizou para o tema tampouco axudou moito a isto.

Unha versión alternativa de "Try, Try, Try" aparece no terceiro EP do álbum MACHINA II/Friends and Enemies of Modern Music e no sinxelo "Untitled".

Lista de cancións "Try, Try, Try" - 5:09 "Here's to the Atom Bomb" - 4:26

Categoría:Sinxelos de 2000