miniatura|Tumbas antropomorfas en Cervera de Pisuerga (Palencia)
Unha necrópole é un cemiterio ou lugar destinado a enterramentos. O termo (derivado do grego, necro = morte e polis = cidade) emprégase tanto para designar cemiterios pertencentes a grandes urbes coma para as zonas de enterramento que se atoparon preto de cidades de antigas civilizacións.
Historia As necrópoles foron construídas por varias razóns, ás veces eminentemente relixiosas, como a Necrópole de Giza, en Exipto. O chamado Val dos Reis xorde durante o Imperio Novo, fronte a Menfis, co propósito de evitar os periódicos roubos dos ricos enxovais funerarios de faraóns e nobres exipcios, configurando os enterramentos como luxosas galerías subterráneas, pero ocultando e selando os seus accesos. A gran maioría foron saqueadas poucos anos despois.
Moitas culturas fundaron necrópoles en resposta á prohibición de practicar enterramentos dentro dos límites urbanos. Os camiños que partían das cidades foron ornados con monumentos funerarios, especialmente no Imperio romano. Aínda poden verse na Vía Apia de Roma, en Italia.
Durante o século XIX as necrópoles monumentais gozaron dun rexurdimento, alentado pola moda vitoriana, con grandes e elaborados sepulcros.