Artigas é unha cidade uruguaia, capital do departamento de Artigas. Está localizada ao norte do territorio e fai conurbación coa cidade brasileira de Quaraí, á cal se encontra unida pola Ponte da Concordia construída sobre o Río Cuareim.
A súa poboación rolda os 40.000 habitantes.
Foi fundada o 12 de setembro de 1852 por Don Carlos Catalá co nome de San Eugenio del Cuareim, en homenaxe a Eugenio Garzón. A súa actual denominación ten como epónimo a José Gervasio Artigas, o heroe nacional.
Categoría:Cidades do Uruguai