Salvatore Phillip "Sonny" Bono, nado en Detroit (Míchigan) o 16 de febreiro de 1935 e falecido en Stateline (Nevada) o 5 de xaneiro de 1998, foi un produtor discográfico, cantante, actor e político estadounidense.

Traxectoria Bono comezou a súa carreira musical traballando para o produtor discográfico Phil Spector no inicio dos anos 1960. Máis tarde na mesma década, tivo un grande éxito comercial coa súa entón dona Cher, como parte do dúo Sonny & Cher. Bono escribiu, fixo os arranxos e produciu sinxelos de éxito como I Got You, Babe e The Beat Goes On. Entre 1971 e 1974 protagonizaron un programa da CBS, The Sonny & Cher Comedy Hour. En 1974 divorciouse de Cher e comeza a actuar con pequenos papeis en series como Fantasy Island e The Love Boat.

Foi alcalde de Palm Springs e congresista republicano por California (1994-1998).

A Copyright Term Extension Act dos Estados Unidos, que estendeu a duración do copyright por 20 anos, foi nomeada na súa honra cando foi aprobada polo Congreso dos Estados Unidos de América nove meses despois da súa morte. Mary Bono, a súa última muller, foi unha das principais promotoras da lexislación, tamén coñecida como a Sonny Bono Copyright Term Extension Act.

Bono faleceu por mor dun accidente de esquí en 1998.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Copyright Term Extension Act

Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Cantantes de Míchigan Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Nados en Detroit Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores musicais