Un motor de combustión é unha máquina que produce un traballo (tipicamente un movemento) mediante a enerxía proporcionada por un combustíbel. Dependendo de se a combustión é interna ou externa ao motor falarase de motores de combustión interna ou motores de combustión externa.

Clasificación dos motores de combustión

Para a clasificación dos motores térmicos, téñense en consideración dous aspectos adicionais:

Se o fluído é condensable (auga) ou non condensable (aire). Se o proceso de combustión é externo ou interno.

Motores de combustión interna

Motores de combustión interna

Rotativo Turbomáquina Turbina de gas de ciclo aberto Volumétrico Motor Wankel, Quasiturbina Alternativo Acendido por compresión Motor Diésel Acendido provocado Motor de explosión (de Ciclo Otto, de Ciclo Miller, de mestura pobre, de Ciclo Atkinson) Reacción Motor foguete Foguete espacial de propulsante líquido/sólido Aerorreactor sen compresor EstatorreactorPulsorreactor Aerorreactor con compresor TurborreactorTurboventiladorTurbohélice

Motores de combustión externa

Se a combustión é externa, a calor da combustión transfírese ó fluído a través dunha parede, por exemplo nun intercambiador de calor. Este tipo de máquinas non esixe un proceso de combustión, como sucede nas instalacións nucleares, se ben adoita ser o procedemento típico. Dado que o fluído motor non sofre degradación ningunha, estas máquinas poden ser de ciclo pechado, que é o que actualmente se prefire por razóns económicas.

Motores de combustión externa

Fluído condensable Turbomáquina Turbina de vapor ciclo aberto ou pechado Alternativo Máquina de vapor ciclo aberto ou pechado Fluído non condensable Turbomáquina Turbina de gas de ciclo pechado Alternativo Motor Stirling NOTA: Os motores volumétricos rotativos e de reacción non foron desenvolvidos.

Categoría:Motores