Raimundo García Domínguez, máis coñecido como Borobó, nado en Pontecesures o 10 de xullo de 1916 e finado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 2003, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do médico Víctor García García-Lozano e Dolores Domínguez Sierra.Borobó, un achegamento Estudou o bacharelato en Pontecesures e despois cursou Filosofía e Letras na universidade de Santiago de Compostela. Durante a Segunda República ingresou en Izquierda Republicana, pero marchou con Xoán Xesús González para formar Vanguardia de Izquierda Republicana, da que foi secretario de actas. En 1936 a guerra civil española sorprendeuno en Santander, onde asistía á Universidade Internacional de Verán. Foi trasladado a Madrid e participou na defensa da cidade en unidades de artillaría e de transporte. Afiliouse á Unión General de Trabajadores, e comezou a súa faceta xornalística, con colaboracións na redacción de Estímulo, voceiro das unidades artilleiras en que participou. Cando xa remataba a guerra afiliouse ao PSOE.

Rematada a guerra, pasou por diversos campos de concentración, tivo que facer o servizo militar en Marrocos e incorporouse á actividade clandestina do seu partido. Fixo de enlace entre os socialistas galegos e a dirección do PSOE en Madrid. Retomou o seu traballo xornalístico participando na publicación Finisterre e, entre 1944 e 1946, en El Español, La Estafeta Literaria, Fantasía e Madrid.

En 1946 volveu a Galicia e incorporouse á redacción de La Noche, do que foi director, e no cal deu cabida a novos escritores que acabarían sendo coñecidos polo alcume de Xeración 'La Noche'. Entre 1949 e 1966 foi o cronista oficial de Compostela. Ocupou a dirección de El Correo Gallego en 1960, e máis tarde marchou novamente a Madrid, e traballou en Agencia EFE até a súa xubilación. Na última parte da súa vida, retirouse a Trevonzos, unha pequena aldea de Boiro dende a que se ve a vila de Rianxo.

Pseudónimos e heterónimos Aínda que o de Borobó é o seu máis coñecido pseudónimo, tamén foi coñecido por outros pseudónimos e heterónimos, entre eles os de Raimundo Lozano, J. Sierra, Ánxel Novo, Xoán Porreás, Tina ou La Piñeira. Distincións

Premio de xornalismo Julio Camba 1986

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(1990). Diccionario de escritores en lingua galega, p. 168.

Ligazóns externas Entrevista a Borobó, na serie Historias da vida, de Xan Leira. CCG.

Categoría:Xornalistas de Pontecesures Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Pontecesures Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Cronistas de Santiago de Compostela