Los del Río é un dúo musical formado por Antonio Romero Monge e Rafael Ruiz Perdigones. Iniciaron a súa carreira musical na década dos 60. O seu maior éxito chegou con "Macarena" entre os anos 1995 e 1997, converténdose no terceiro sinxelo e a canción en español máis vendida da historia da música a nivel mundial con máis de 14 millóns.Global track chart.

Historia En 1962, cando tiñan só 14 anos, formaron o dúo Los del Río, actuando por primeira vez ante o público no programa Ronda del Domingo de Radio Sevilla da Cadena SER. O factor clave no aumento da popularidade do Grupo Los del Río, é a súa colaboración co produtor e compositor Manuel Sánchez Pernía con quen gravaron un disco cun estilo bastante similar pouco antes do estrepitoso éxito da Macarena. A súa especialidade é a música folclórica, en especial as sevillanas. Por un tempo, Los del Río actuaban en festas privadas de Marbella e Madrid.Solera Producciones .. Con todo, no verán de 1996, tras ser remesturada (Macarena) polo dúo Fangoria para chegar a ser máis comercial, o dúo gozou dun enorme éxito coa canción do verán, chegando ata a acadar o número un no Billboard Hot 100. A canción tamén foi vendida en moitos outros países como en Australia.

Los del Río seguen a vivir en Dos Hermanas (Sevilla).

Aínda que o dúo non recoñeza o éxito da canción á Fangoria, eles seguen tentando ata o día de hoxe que se lles recoñeza, mediante demandas que foron sistematicamente desestimadas.

Discografía Discos AnoÁlbum1993 Retrato a Sevilla1994 A mi me gusta1995 Calentito1996 Macarena Non Stop1996 Colores1997 Fiesta Macarena1999 Baila2003 Río de sevillanas2004 P'alante2008 Quinceañera Macarena dereita|miniatura|385px|Un sarxento americano apréndelle o baile da Macarena a un soldado iraquí. Sinxelos AnoTítulo do sinxeloUSUS LatinUK Singles ChartAUSDisco1995 MacarenaLanzado en 1993 en Europa. <center>23<center> <center>12<center> <center>-<center> <center>-<center>A mí me gusta Macarena (Bayside Boys Mix) <center>1<center> <center>-<center> <center>2<center> <center>1<center>Macarena Non Stop1996 Macarena Christmas <center>57<center> <center>-<center> <center>-<center> <center>5<center>1997 Baila Baila <center>-<center> <center>-<center> <center>-<center> <center>-<center>2008 Macarena (The Art of Sound Group Mix) <center>-<center> <center>-<center> <center>-<center> <center>-<center>Quinceañera Macarena

Premios En 2004 concedéuselles a Medalla de Andalucía.Decreto 64/2004, de 17 de febrero, por el que se concede la Medalla de Andalucía a don Antonio Romero Monge y a don Rafael Ruiz Perdigones.

Notas

Categoría:Grupos musicais de Andalucía Categoría:Premio Ondas Categoría:One-hit wonder