Los Angeles Dodgers son un club profesional de béisbol da Major League Baseball con sede nos Ánxeles (California, Estados Unidos de América). O equipo xoga na División Oeste da National League. Fundado en 1883, en Brooklyn, Nova York, foi coñecido con multitude de nomes até converterse nos Brooklyn Dodgers en 1932. Na tempada 1958 o equipo trasladouse aos Ánxeles, onde seguen actualmente. Conseguiu o título das Series Mundiais en sete ocasións, a última en 2020.
Xogadores Números retirados 1 Pee Wee Reese 2 Tommy Lasorda 4 Duke Snider 19 Jim Gilliam 20 Don Sutton 24 Walter Alston 32 Sandy Koufax 39 Roy Campanella 42 Jackie Robinson 53 Don Drysdale
Estadios Dodger Stadium (1962-actualidade) Los Angeles Memorial Coliseum (1958-1961) Ebbets Field (Brooklyn) (1913-1957) Washington Park (Brooklyn) (1898-1912) Eastern Park (Brooklyn) (1891-1897) Ridgewood Park (Brooklyn) - só os domingos (1886-1889) Washington Park (Brooklyn) (1884-1890)
Véxase tamén Outros artigos Brooklyn Os Ánxeles Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos da MLB Dodgers