Arturo López Regueiro, nado en Caldas de Reis o 21 de abril de 1961, é un escritor, editor de banda deseñada, e profesor en Galiza.
Traxectoria Estudou Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén ten formación profesional como locutor, presentador e guionista de televisión.
Anos '80 Nesta década editou e dirixiu xunto co debuxante Fausto Isorna o fanzine de cómic Valiundiez e a revista cultural Das Capital. Colaborou con diferentes programas de Radio 3, e traballou entre o 1986 e 1988 como locutor e guionista en Ràdio 4 de RNE.
Formouse como guionista e presentador de TV e colaborou puntualmente nalgún programa e nalgunha campaña publicitaria desta época.
Anos '90 En 1993 gaña o accésit do Premio Esquío de poesía co poemario Cartografía, obra onde mestura imaxes cheas de ironía e erotismo, de referencias musicais e cinematográficas para describir o percorrido vital dun mozo labrego.
No ano 1998 gaña o primeiro certame Relatos con Clase da editorial Alfaguara co conto Un manancial na noite"Cuatro profesores ganan el primer certamen Relatos con Clase", artigo en El País, 2 de marzo de 1999 . no que describe unha mocidade abríndose camiño nun mundo incerto.
Publicou diversas colaboracións en diferentes medios escritos como Blas Espín, O Correo Galego, Revista Animal ou Luzes de Galiza. Colaborou tamén coa editorial Sotelo Blanco.
Primeira década do século XXI Nesta década adicouse a rematar a súa formación como guionista televisivo chegando a impartir varios cursos como formador. Colaborou puntualmente en programas de pequenas emisoras de radio como Radio Betanzos ou Radio Redondela e así mesmo con medios como Galicia Hoxe ou revistas como Grial.
Tamén ten participado con músicos de jazz nalgunha performance poética e forma parte do proxecto de jazz. Así mesmo, colabora con artistas plásticos como o escultor Álvaro de la Vega ou o fotógrafo Tino Viz co que publica o libro Galiza Cajun. Esta obra postúlase como unha revisión e reivindicación dos anteriores traballos publicados, como a escenificación de longas e demoradas teimas sobre unha Galiza mestiza, bizarra e non subvencionada, cambiante e permanente, que esmorece e só habita xa os recantos da memoria dos autores.
Regueiro escribiu ensaios ao longo dos anos '80 e '90 nas diferentes publicacións nas que ten colaborado, que falan dunha Galiza exiliada e esquecida de si mesma e só redimida pola forza da música e a imaxinación.
Apareceu nun documental sobre a historia do cómic en Galicia.
Actualemete é profesor de Ética e Cidadanía no Instituto IES Agra de Leborís ( A Laracha ).
Obra literaria en galego Poesía Cartografía ISBN 978-84-86046-65-1, 1994, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Galiza Cajun poesía, con Fotografías de Tino Viz ISBN 978-84-613-6742-9 2009. Currículum oculto ISBN 978-84-92727-23-0 2012, 3C3 Editores.
Obra literaria en castelán Narrativa Un Manantial en la Noche y otros relatos: 1er Certamen Premio Relatos con Clase ISBN 978-84-204-4928-9 1999.
Arturo Regueiro como personaxe Arturo Regueiro é personaxe recorrente (co seu nome e aparencias reais) nas dúas primeiras novelas de Anxos Sumai (Anxos de garda e Melodía de días usados), na novela de Xurxo Borrazás Costa Norte/ZFK e tamén en diferentes traballos dos poetas Xosé Luís Mosquera Camba e Iolanda Aldrei.
Notas
Véxase tamén Bibliografía VV.AA (1995) Diccionario da Literatura Galega. "Volume I: Autores". Vigo, Editorial Galaxia.
Ligazóns externas "Un documental percorre os 35 anos de traxectoria da historieta galega", artigo en La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2009. "Sempre me sentín rural", entrevista en Galicia Hoxe, 17 de febreiro de 2010. Gravación de Déixame Ser (Let it be me), de Galicia Cajun.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Caldas de Reis Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes