250px|miniatura|Baldaquino de Bernini, na basílica do Vaticano. Chámase baldaquino ou ciborio a unha construción relixiosa de pequeno tamañoDurante o barroco, os baldaquinos poden adoptar medidas considerables -o da Basílica de san Pedro mide 29 m de altura- pero, en calquera caso, moito menores que as das igrexas nas que se constrúen. destinada a protexer un altar, formada basicamente por catro columnas que sosteñen un elemento de cubrición, habitualmente unha cúpula ou un dosel. Os catro arcos ou linteis que pechan os laterais do baldaquino adoitan estar decorados por relevos, inscricións, escudos ou outros elementos decorativos. Esta estrutura básica pode estar modificada por diversas variantes, segundo a época, o estilo ou o material de construción.
O nome procede de baldacchino, tea procedente de Baldac, nome da cidade de Bagdad durante a Idade Media, porque de alí proviñan os tapices cos que se confeccionaban as cortinaxes coas que se pechaban lateralmente. O nome de ciborio vénlle do latín ciborium, en alusión á forma de copa invertida.
Por similitude, denomínanse tamén baldaquinos os doseis de tea que cobren ou protexen tronos reais, camas etc. No escudo de Serbia ou o no dos Países Baixos poden verse exemplos deste uso.
Historia miniatura|250px|San Juan de Duero (Soria). O máis antigo baldaquino coñecido é ciborio de Kathoura, en Siria, do ano 195. Presentes noutros puntos de Oriente Próximo, estaban asociados a enterramentos. Do século IV era o fastigium de Latrán (roubado polos visigodos no século seguinte), así como o da basílica de Santa Petronila ou o da tumba de San Lourenzo, ambas en Roma.
Na Idade Media era usual pechar os laterais con cortinas, de modo permanente ou só durante o momento da consagración, que ocultaban os celebrantes da vista dos fieis. Nas igrexas de Oriente utilizaban mesmo portas de madeira que se pechaban durante ese momento.
Co paso dos séculos, aumentan os exemplos de baldaquinos e a súa difusión xeográfica. Do século X é o baldaquino de San Marcos (Venecia) e do XI os de San Nicolao de Bari ou o francés de Cluny. Na Basílica de San Xoán de Latrán conservan un baldaquino sobre o altar maior e, segundo a tradición, contén dous relicarios coas cabezas dos apóstolos San Pedro e San Pablo."Peregrinos en Roma", en Historia National Geographic, nº 262, outubro 2025, 64.
O exemplar máis afamado é o baldaquino da basílica de San Pedro do Vaticano, construído por Bernini e Borromini en bronce, madeira e mármore entre 1624 e 1633.
Na Península Ibérica hai notables exemplos no Museo Nacional de Arte de Cataluña (Barcelona) (procedente de San Vicente de Estamariu }}) ou o da catedral de Xirona. En Castela destacan os de San Juan de Duero (Soria), o do mosteiro de Rodilla (Burgos) ou o da igrexa da Madalena (Zamora.
miniatura|200px|Ramiro II de León (Tumbo A da Catedral de Santiago) Ademais dos exemplos arquitectónicos existentes ou dos que se ten constancia histórica, os baldaquinos aparecen tamén representados en medallas romanas, no díptico de Monza, nun mosaico de Salónica, en miniaturas medievais etc. A modo de exemplo, o Tumbo A da catedral de Santiago, de 1140, representa os reis Ordoño II (871-924), Ramiro II (898-951) e Sancho I (†966) debuxados baixo baldaquinos ornados con torres nos esquinais. Tamén se poden ver nas Cantigas de Santa María.
Baldaquinos en Galicia En Galicia, o primeiro baldaquino do que se ten información foi o que mandou construír o bispo Xelmírez na Catedral ó redor do ano 1110. Era de madeira recuberta de ouro e prata e contiña o novo altar da catedral. Foi derrubado na segunda metade do século XVII.
Outro exemplar notable, tamén desaparecido, foi o do arcebispo Fonseca I. Sábese que dispuxo a construción en 1462 e que en 1476 seguía entregando prata para "fazer as ymaxes do cimborio e obra". En documentos de 1512 consta que se mandou "alimpiar e adereçar el cimborio que está sobre el altar".
miniatura|200px|Santa María a Nova (Noia) En 1930, Xosé Filgueira Valverde e Xosé Ramón Fernández-Oxea publicaron un primeiro estudo sobre a presenza destas estruturas na arquitectura relixiosa galega, xa construídas en pedra. Atá entón só se tiña constancia de dous baldaquinos en Galicia, os dous sobre cadanseu cruceiro: o de Santa María a Nova, en Noia, e o da Colexiata, en Baiona. Coñecíanse tamén distintos relevos e pezas soltas que se consideraban restos de frontais de altar (segundo Casto Sampedro Folgar) ou de retablos pétreos (segundo López Ferreiro), como os de Caldas de Reis, Bemil, Baíñas, Fisterra, Santiso, Curro, Sacos, Xeve, As Fragas etc., algúns debuxados por Enrique Campo. En 1987, os mesmos autores publicaron unha revisión daquela primeira monografía, ampliando o catálogo desde os 37 da primeira edición a 67 na segunda, con 11 exemplares armados (aínda que case todos modificados) e outros 56 xa desfeitos dos que se conservan máis ou menos restos ou, canto menos, memoria documental. Algún, coma o de Ventosa (Agolada), consérvase completo pero desmontado.
Imaxes de baldaquinos en Galicia
Cronoloxía Só cinco baldaquinos están datados, sendo o máis antigo deles un de Caldas de Reis (de 1482) e o máis moderno o de San Martiño de Meis (de 1543). Dado que practicamente todos asentan sobre arcos conopiais, de introdución tardía Estímase que a primeira manifestación deste tipo de arco en Galicia corresponde á capela de Lope de Mendoza, en Santiago, da mesma man e datación que os arcos existentes en Iria Flavia e en Vilaxoán., non parecen ser anteriores ó século XV.
Só se ten constancia da autoría nun caso, no baldaquino que, procedente da igrexa de Santa María, hoxe está nunha fornela da capela de San Roque, en Caldas de Reis. As dúas pezas que se conservan só mostran escudos, inscricións e decoración floral, e consta que "Ioan Rico me laurou", coa data de 1482. Filgueira e Fernández Oxea propoñen a existencia de dúas escolas: unha que irradia desde Pontevedra e o Salnés (con influencia de Santiago) e outra localizada en Lugo, máis tardía, e á que identifican cun Mestre da Ventosa.
Distribución xeográfica miniatura|300px|Distribución xeográfica dos baldaquinos catalogados en Galicia. Aínda que máis frecuentes ó sur de Compostela, unha comparación amosa que non hai especial coincidencia coas dioceses de Galicia. Como se pode ver no mapa, a maior parte dos baldaquinos galegos inventariados atópanse na metade norte da provincia de Pontevedra, estendéndose polas zonas limítrofes das de Lugo e Ourense. Existen outros exemplares soltos no sur da provincia de Pontevedra e en puntos dispersos da Coruña.
En total, hai 41 na provincia de Pontevedra, 12 na da Coruña, 11 na de Ourense e 3 na de Lugo.Estas cifras foron variando co paso do tempo ó irse descubrindo e catalogando novos exemplares. Así, por exemplo, en 2022 atopouse un panel, fragmentado, dun baldaquino na igrexa parroquial de San Isidro de Moldes (O Campo Lameiro), que estaba acandoado detrás da pía bautismal."As pezas do baldaquino permanecían almacenadas 'de calquera maneira' na igrexa", en La Voz de Galicia 28.09.2022.
Consérvanse armados e en pé os seguintes: Un na igrexa de San Salvador de Vilar de Donas, en Palas de Rei (Lugo). Dous en San Xoán de Portomarín (Lugo). Dous na igrexa de San Pedro de Xurenzás, en Boborás (Ourense). Un na igrexa de Santa María de Piñeira, en Taboada (Lugo). Un na igrexa de San Tomé de Serantes, en Leiro (Ourense). Un na igrexa de San Vicenzo de Cespón, en Boiro (A Coruña). Dous en Noia: un no cemiterio da igrexa parroquial, sobre un cruceiro; e outro nos xardíns do pazo de Monroy. Un na Ex-Colexiata de Santa María, Baiona (Pontevedra), tamén sobre un cruceiro.
Na Catedral de Santiago de Compostela, na capela do Espírito Santo, consérvanse catro pezas que poderían proceder dun baldaquino existente na capela, desarmado tralas reformas realizadas no século XVI. Unha delas forma o lintel da porta de acceso á capela e as outras tres recolocáronse na fronte ou debaixo de cadanseu sepulcro, un deles do arcebispo Troncoso (m. 1367), que foi quen mandou ampliar a capela.
Estrutura Os baldaquinos pétreos galegos eran de planta cadrada Só os construídos sobre sepulturas presentan planta rectangular. e situábanse exentos, no centro do cruceiro da igrexa. Actualmente, tódolos que se conservan en pé están apegados a unha parede ou nunha esquina da igrexa (excepción feita das cruces cubertas de Noia e Baiona), se ben o de Vilar de Donas (en Palas de Rei, Lugo) segue sendo exento, pero cerca da parede.
Columnas As columnas que os sustentan adoitan ser cilíndricas ou de sección hexagonal, e só nalgún caso presentan algunha decoración. Bases e capiteis son sempre simples.
Cómpre citar o caso excepcional dos restos dun baldaquino procedente do mosteiro de San Paio de Antealtares (Compostela). Consisten en tres columnas de 1,18 m de alto por 18 cm de diámetro, que presentan esculpidas tres apóstolos cada unha de clara factura románica. Dátanse no ano 1135 e hoxe están expostas, dúas no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid) e outra no Fogg Museum, da Universidade Harvard (cedida como intercambio polo Estado español); descoñécese o paradoiro da cuarta columna.Realmente, no existe seguridade de que se trate das columnas dun baldaquino e non de pés do altar, se ben Filgueira considera que "a altura para un altar é inadecuada" coa posibilidade de que pasasen a cumprir esta función, cara o século XV, "algo enterrados, pola súa altura excesiva" (Filgueira 1978, 42). No Museo de Pontevedra están expostas reproducións en xeso das tres columnas.
Igualmente, na Catedral de Santiago exhibíase unha columna de bronce de finais do século XII, de 2,28 m de altura, que Filgueira supón parte dun baldaquino ou semibaldaquino da propia Catedral ata que, no século XVI, se transformou no relicario do bordón do Apóstolo e mais o do peregrino Franco de Siena (1211-1291). Estivo acaroada ó piar sueste do cruceiro ata que foi trasladada, en 2015, á Capela das Reliquias do Museo da Catedral.
Cuberta A cuberta era habitualmente piramidal, rematada con pináculos, imaxes ou pequenos castelos, elementos que tamén podían estar decorando os esquinais. Interiormente adoitaban presentar crucerías. Os baldaquinos de Xurenzás e do pazo de Monroy (Noia) conservan pequenas cabezas aliñadas sobre os nervios da pirámide.
Linteis Na maior parte dos casos, o que hoxe se conserva -completos ou partidos- son os paneis que, a modo de linteis dos arcos laterais, pechaban superiormente a estrutura. Trátase de pezas rectangulares esculpidas, cunhas medidas que oscilan entre o 1,80 e o 1,43 metros de longo por 70–85 cm de alto.
miniatura|300px|San Román de Santiso (Lalín) Estes frontais mostran diversas escenas, case sempre de tipo relixioso aínda que tamén hai motivos simbólicos e heráldicos. Algúns exemplares están policromados como o puideron estar orixinalmente, como as pezas conservadas no interior da igrexa de San Pedro de Rebón (Moraña), a de San Román de Santiso (Lalín) ou o baldaquino de Ventosa (Agolada).
Están pechados por abaixo por un arco, habitualmente conopial Tipo de arco que semella a quilla invertida dun barco. pero noutros casos florenzado ou ondulado, que deixaba aberto un espazo orixinalmente baleiro, aínda que tamén hai arcos cegos. Non son raros os arcos dobres nunha mesma peza; hai un único caso de arco trilobulado (na capela do Santo Espírito da Catedral de Santiago). Moitas veces este arco foi rebaixado ou mesmo eliminado ó recolocar a peza na nova situación. Estes rebaixes tamén se produciron nos laterais das pezas.
Superiormente están pechados por distintos motivos ornamentais organizados en cresterías, molduras, bólas etc.
Tipoloxía