A Real Sociedad Gimnástica de Torrelavega, habitualmente coñecido como Gimnástica, é un club de fútbol español da cidade de Torrelavega, en Cantabria. Foi fundado en 1907, é o club decano de Cantabria, e en 2007 leváronse a cabo os actos conmemorativos do Centenario da súa fundación.
Actualmente milita en Segunda División B, aínda que disputou 8 tempadas en Segunda. Conta cuns 2.000 socios e varios equipos filiais competindo en categorías rexionais.
Uniforme
Uniforme titular: Camiseta a raias verticais brancas e azuis, pantalón branco, medias azuis con raias horizontais brancas. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias de cor azúl. Terceiro uniforme: Camiseta, pantalón e medias de cor vermella.
Estadio
A Gimnástica xoga os seus partidos no Estadio de El Malecón, con capacidade para 10.000 persoas, inaugurado en 1922. O estadio rexistrou cheos importantes, por encima ata da súa capacidade, en sendas eliminatorias de Copa do Rei celebradas o 30 de abril de 1967 ante o Real Madrid (2-2) e o 10 de xaneiro de 2001 ante o FC Barcelona (0-1).
Actualmente está pendente dunha futura remodelación total da que depende en boa parte un prometedor futuro para o club, pero continuos problemas de índole económico e político están atrasando algo longo tempo demandado pola afección.
O estadio empezouse a remodelar en 2009 e acabarase en 2011, e contará con capacidade para 6.007 espectadores. O orzamento total ascende a 5.702.397,66 € e o seu prazo de execución previsto é de 27 meses.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 9 Tempadas en 2ªB: 20 (Incluída a 2012/13) Tempadas en 3ª: 45 Mellor posto en liga: 4º (2ª División tempadas 1928-29 e 1949-50) Peor posto en liga: 16º (2ª División tempada 1967-68) Mellor clasificación en Copa: oitavos de final (1929, 2001)
Xogadores Categoría principal: Xogadores da Gimnástica de Torrelavega.
Cadro 2009/10
Palmarés Torneos rexionais Campionato de Cantabria (1): 1940-41
Torneos nacionais Segunda División B de España (1): 1999-00 Terceira División de España (9): 1933-34, 1960-61, 1963-64, 1964-65, 1989-90, 1995-96, 2005-06, 2007-08, 2008-09 Subcampión da Terceira División (9)
Outros logros VII Trofeo Invicto Don Balón (2008-09), desde a súa creación en 2001 foi o equipo que máis partidos estivo sen perder (27 partidos)
Filial
O club mantén un equipo filial, a Gimnástica B, que xoga na Rexional Preferente. O filial utiliza os mesmos cores que o primeiro equipo nos seus uniformes e chegou a militar dúas tempadas en Terceira (1994-95 e 2006-07); en ambas as tempadas logrou a permanencia na categoría, pero o descenso do primeiro equipo a Terceira supuxo o seu descenso a Rexional Preferente.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Gimnástica Páxina da afección da Gimnástica
Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1907