Robert Dauber, nado en 1922, finado en marzo de 1945 no campo de concentración de Dachau foi un violoncelista e compositor alemán.

Traxectoria Seu pai era o tamén músico Adolf Dol Dauber (1894-1950). Robert Dauber tocaba o piano e o celo. No campo de concentración de Theresienstadt participou nas representacións da ópera Brundibár. Faleceu de tifo en marzo de 1945 no campo de concentración de Dachau. A súa única obra coñecida consérvase na Biblioteca Nacional de Austria, no legado do seu pai.

Véxase tamén Bibliografía Rudolf M. Wlaschek: Biographia Judaica Bohemiae. Dortmund: Forschungsstelle Ostmitteleuropa, 1995-1997. (2 vol.)

Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Compositores de Alemaña Categoría:Finados en campos de concentración nazis