miniatura|Piorno de pedra sobre esteos e soleira de cantería en Pontevedra. O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais. miniatura|Hórreo mixto sobre cepas de cantería en Oroso. En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.
Extensión xeográfica miniatura|Hórreo de madeira sobre cepas de cantería en Vedra. O uso do hórreo galego está estendido pola meirande parte do territorio de Galicia, occidente asturiano ata o Navia, e norte de Portugal, especialmente por aquelas zonas de clima máis oceánico. As zonas montañosas do leste de Ourense e do sueste de Lugo, así como o nordeste de Portugal non teñen hórreos. No seu territorio atopamos diferentes denominacións e variantes tipolóxicas, ás que non é doado definirlles áreas xeográficas propias, pois é corrente ver en uso nun mesmo sitio diferentes subvariantes.
Independentemente dos medios secundarios empregados polo labrego para secar o gran, pode admitirse que os hórreos se estenden por todo o territorio das provincias da Coruña e Pontevedra. Non se empregan hórreos na zona da provincia de Ourense situada ao oriente da rexión da Limia e no cuadrante sueste da de Lugo, xa en zonas climáticas máis favorables ao cultivo de cereais de montaña e menos propicios para o do millo.
miniatura|Reprodución dun pataka neozelandés no Polynesian Cultural Center, en Laie (Hawai). Xa fóra de Galicia, en Portugal empréganse espigueiros, que son variantes do mesmo tipo arquitectónico, e que á súa vez presentan algunhas subvariantes locais. Preséntanse na faixa máis inmediata á costa, nunha área que chega ata o río Mondego, deixando unha zona baleira na franxa costeira máis inmediata, ao sur de Porto.
Unhas construcións similares aos hórreos galegos existentes na Polinesia, Australia e Nova Zelandia, denominadas pataka e empregadas para gardar produtos do campo e bens prezados, poderían ter a súa orixe na tripulación galega da carabela San Lesmes, perdida no océano Pacífico en 1526.
Denominación O uso do hórreo esténdese por toda Galicia, coa excepción dalgunhas zonas do sueste. A mesma tipoloxía esténdese tamén polo extremo occidental de Asturias, onde é chamado cabazo, e polo norte de Portugal, ata a beira esquerda do río Douro, onde é chamado espigueiro, canastro ou caniço. En Galicia recibe diferentes nomes segundo a zona: hórreo ou hórrio no centro-norte, cabazo no noroeste da Coruña, cabozo no norte de Lugo, canastro na zona sur, máis raramente canasto, cabaceiro entre o centro e o nordeste de Ourense, igual na mesma dirección en Lugo, pero mesturado con formas máis pechadas (cabeceiro, cabeceira, cabaceira), canizo entre a ría de Vigo e o río Miño, piorno no Salnés, cabana máis no interior, paneira na península do Morrazo (canastro, na zona sur), orno ou órneo no cabo do Morrazo, hórreo ou horro os de tipo asturiano no leste de Lugo; e outros apelativos de extensión menor.
Hórreo. A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao latino horreum (do grego ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη 'celeiro'), que designaba en orixe un edificio no que se gardaban froitos do campo, especialmente o gran.Kaltschmidt, J.H. A school dictionary of the Latin language. William and Robert Chambers, 1850. Durante o Imperio a palabra horreum empregábase para calquera lugar destinado a conservar cousas de calquera natureza, sexa viño (horrea vinearia), mercancías e provisións (horreum penarium).Schmitz, L. "Horreum". En Smith, W. (1875). A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. John Murray. Londres. Outros autores fan derivar o actual hórreo dun órreo prerromano presente na toponimia e na hidronimia, e que tería xa o significado de silo para o gran. Cabazo. Do latín vulgar *capacĕu. O termo cabazo designa principalmente ao hórreo de corres, pero por similitude funcional emprégase por zonas para nomear ao hórreo galego. A palabra cabazo e as súas variantes (cabozo, cabaceiro, cabeceiro, cabeceira e cabaceira) provén, segundo Trapero Pardo, do termo cabaza, froito que frecuentemente se deixaba secar nos tornarratos. Segundo Corominas provén dun calapaccia prerromana, que significaba «cuberta a modo de casca», en alusión probable ao tellado vexetal.Meilán, A. Manifestaciones culturales en "As Figueiras" y su contorno. En Estudios y trabayos del Seminariu de Llingua Asturiana, Volume 2. Universidade de Oviedo, 1979. ISBN 84-7468-024-7, 9788474680249. Outra explicación relaciona a palabra cabazo co tema latino capio, capere, empregado para nomear contedores e trebellos de capacidade. Celeiro. A palabra celeiro ou cileiro provén dun cellarium latino, de cella, 'silo' ou 'adega baixo terra'. Canastro. Do latín canistrum 'cesto de vimbios'. O nome empregábase en orixe para denominar ao hórreo de corres, pero estendeuse especialmente polo sur da provincia de Ourense. Fai referencia á arte de elaboración das paredes do cabazo. Paneira. A paneira, do latín panarium (derivado de panis 'pan') é a tulla na que se garda o gran. En Asturias chámase panera ao hórreo de máis de catro pegollos, e no hórreo tipo Ribadeo a paneira é o andar intermedio do hórreo de tres niveis. Nesta variante tipolóxica o primeiro andar ou celeiro emprégase para gardar as patacas, o segundo ou paneira para gardar o centeo e o trigo, e o superior ou hórreo para as mazarocas do millo. Piorno. Do latín viburnum 'vimbieira'. É o nome dunha especie de xesta que se emprega para tecer cestos e cabazos. Chámase así ao hórreo principalmente na provincia de Pontevedra, aínda que tamén se denomina así unha tipoloxía de seu. Goxa. Procede, como outros casos de nomes para hórreos, da denominación para outros recipientes. Así o define o Dicionario de dicionarios e úsase en Barreiros para os que teñen piares de pedra e corpo de madeiraEstudo da microtoponimia nas Mariñas lucenses e Ortegal , páxina 60 (Tamén aquí ).
Orixe e historia
Introdución miniatura|esquerda|235px|Panera en Asturias. A área de expansión do hórreo galego coincide aproximadamente cos límites da Galicia histórica, cunha exacta correspondencia co límite lingüístico polo leste. Así, mentres o hórreo de cámara cadrada ten parentesco con construcións análogas da Europa central e setentrional, propias de poboacións adicadas ao pastoreo, o hórreo de corres, xermolo do actual hórreo galego, garda similitudes con outros da rexión mediterránea propios de pobos recolledores. Atribúese a súa introdución en Galicia a pobos preceltas de procedencia e cultura mediterráneas, os coñecidos polo nome de oestrimnios.
Paralelamente os profesores Dias, Veiga de Oliveira e Galhano propoñen un orixe suevo do hórreo de cámara rectangular, que viría modificar os hórreos de varas preexistentes. Esta tese baséase na coincidencia entre o límite de extensión do hórreo galego e as fronteiras do Reino Suevo de Galicia, no achado en territorio suevo de Alemaña dunha urna funeraria que reproduce un celeiro sobre pés e, por último, na pertenza do hórreo ao complexo agrario instituído polos suevos.
En calquera caso todos os autores coinciden na diversidade de orixes para os hórreos de cámara cadrada (ástur, cántabro, vasco-navarro e leonés) e os de cámara rectangular (galego e portugués).
Antecedentes miniatura|200px|Miniatura das Cantigas de Santa María.
O uso dos celeiros aéreos vai xunguido ao cultivo do paínzo, que xa se practicaba na cultura dos castros, como o demostran os achados de sementes torradas en diversas citanias e que se gardan no Museu Leite de Vasconcelos, en Portugal. Algúns autores ven no hórreo unha prolongación da palafita, mentres que para outros é unha dependencia doméstica segregada da casa. Sobre a súa orixe contamos coas mencións de autores latinos, que non despexan as dúbidas sobre o aspecto formal dos celeiros aos que fan referencia.
Haberá que agardar á representación miniada de tres hórreos nas Cantigas de Santa María, no século XIII. Cada un deles consta dunha cámara estreita e longa sobre catro esteos con tornarratos, unha porta no testeiro en arco de ferradura e cuberta de tella curva a dúas augas, sen beiril, sobrepenas nin cruceiro. Esta similitude formal suxire que en Galicia o seu uso é moi anterior ao comezo do cultivo do millo, probablemente ligado ao cultivo do paínzo ou millo miúdo. Porén, a ausencia de doelas e pontóns nas paredes costais non permite a ventilación do interior da cámara, polo que estamos ante un tipo de hórreo aínda non especializado na conservación do millo.
O documento galego máis antigo no que se atopa unha referencia ao hórreo é unha escritura de 1219 pola que o rei Afonso IX lles cedía o castro de Untia, lugar no que se asenta hoxe a cidade de Betanzos, aos veciños da parroquia de Tiobre, hoxe chamado Betanzos o Vello. No documento lese Inde per viam quae tendit ad orreum vrum. Excepto ipso orreo cum suo currali.Vaamonde Lores, C. Ferrol y Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades adquiridas por el monasterio de Sobrado en dichos partidos en los S. XII, XIII y XIV. A Coruña, 1909. Apéndice VII. Citado en Martínez Rodríguez, I. El hórreo gallego (1979).
A documentación notarial conservada amosa un cambio entre os séculos XVII e XVIII, cando se pasa de rexistrar escasas alusións a hórreos a atopalos na maioría das casas campesiñas, aínda que dunha feitura moito máis precaria do que estamos afeitos a ver: eran armazóns de madeira de salgueiro, móbiles e de uso moi estacional.Rozados, A. Aproximación al estudio de la vivienda rural en la Galicia de los siglos XVII-XVIII. En Pedralbes: revista d'història moderna, volume 13, parte 2. Universidade de Barcelona, Departamento de Historia Moderna. Edicions Universitat Barcelona, 1993. Non hai que esquecer que, a pesar do avanzado desenvolvemento evolutivo ao que ten chegado o hórreo, este tipo de celeiros lixeiros non foi desprazado e o seu uso segue vixente.
Chegada do millo miniatura|esquerda|Moendo millo en Rianxo.
O uso do paínzo non se interrompeu, como se ve en diversos documentos medievais. O primeiro millo veu a Europa en 1604, traído polo gobernador e capitán xeneral da provincia da Florida, o almirante asturiano Gonzalo de Castro. No seu lugar natal de Tapia de Casarego e no da súa esposa, Magdalena de Luaces, de Mondoñedo, tiveron lugar as primeiras sementeiras. No primeiro terzo do século XVII aparece documentado o seu cultivo nas provincias de Lugo e A Coruña, e máis adiante na de Ourense, de clima menos propicio, ben andado o século. Con anterioridade sábese que o naturalista Hernández o levou de América a Sevilla en 1550, e aínda antes, en 1515, hai referencia a unha plantación de millo preto de Madrid.
miniatura|O millo nun herbario de 1633.
O nome orixinal do novo gran, maíz, foi substituído polo do cereal ao que viña desprazar, o millo. Esta confusión fixo necesario modificar os nomes, chamando ao vello paínzo, millo miúdo ou millo dos paxaros, e ao novo millón, millote, millo grande, millo gordo, millo graúdo e aínda a forma híbrida maínzo. Esta transposición de nomes deuse tamén na boroa, que está emparentada coas palabras bro céltica e brod xermánica, as dúas co mesmo significado de 'pan' nos seus respectivos idiomas. Antes da chegada do millo, boroa viña significar 'pan' de xeito xenérico, do mesmo xeito que as súas derivadas brodio e proia significaban, a primeira, a 'sopa feita con pan' e, a segunda, a 'torta de masa'. Tras a xeneralización do uso do millo a boroa pasou a ser o pan feito de fariña de millo especificamente.