"Little Trouble Girl" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Sonic Youth, editada coma segundo e derradeiro sinxelo do seu álbum de 1995 Washing Machine en maio de 1996. O tema conta como vocalista convidada con Kim Deal, baixista de Pixies.

O videoclip para "Little Trouble Girl" foi dirixido por Mark Romanek. Foi rodado nos Ánxeles e nel tamén aparece Kim Deal. O vídeo trata sobre unha moza alieníxena explorando o interior dun edificio abandonado.

Listaxe de cancións Sinxelo en CD "Little Trouble Girl" (versión do álbum) - 4:29 "Little Trouble Girl" (versión instrumental) - 3:56 "Terry's Carrot" - 18:21

"Terry's Carrot" é unha improvisación no estudio.

Sinxelo en 12" "Little Trouble Girl" (album version) - 4:29 "My Arena" - 2:19 "The Diamond Sea" (edit) - 5:15

As caras-b do 12" tamén aparecen no sinxelo de "The Diamond Sea".

Notas

Categoría:Sinxelos de 1996 Categoría:Cancións de Sonic Youth Categoría:Composicións musicais de rock alternativo