Lamar Joseph Odom, nado en South Jamaica (Queens, Nova York) o 6 de novembro de 1979, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense.

Traxectoria deportiva Instituto e universidade En 1997, Odom ocupou o primeiro posto na clasificación de todas as escolas de Estados Unidos, gañándose unha boa reputación polo seu bo control do balón e a súa habilidade nos pases, así como pola súa grande altura (2,08 m). Foi recrutado pola Universidade de Nevada Las Vegas, pero viuse envolvido nun escándalo de retribucións económicas, polo que foi expulsado da mesma.NCAA reveals inquiry of UNLV Foi transferido á Universidade de Rhode Island, pero tivo que permanecer un ano sen xogar. Na súa única tempada cos Rams tivo unha media 17,6 puntos por partido, levando ao seu equipo a lograr o seu único título da Atlantic 10 Conference, anotando unha canastra sobre a bucina de tres puntos ante Amorne na final.

Profesional Odom foi declarado elixible para o Draft da NBA de 1999 procedente da Universidade de Rhode Island nese mesmo ano, sendo seleccionado por Los Angeles Clippers en terceira orde do Draft. Na súa primeira tempada cos Clippers, Odom tivo unha media de 16,6 puntos, 4,2 asistencias e 7,8 rebotes por xogo, sendo incluído no ano 2000 no equipo dos mellores principiante da NBA. Desafortunadamente para Odom, a súa carreira retrocedeu por algunhas lesións e suspensións polo abuso no uso de drogas.

Odom xogou catro tempadas para os Clippers antes de firnar un contrato por $65 millóns de dólares americanos cos Miami Heat. Odom promedió 17,1 puntos, 4,1 asistencias e 9,7 rebotes durante a tempada 2003-2004, axudando aos Heat a xogar os playoffs. Ao final da tempada 2004, foi enviado a xogar a Los Angeles Lakers como parte dun trato que trouxo a Shaquille O'Neal a Miami. No seu primeiro ano nos Angeles Lakers, entre el e Kobe Bryant nunca se estableceu a química que os analistas agardaban que se construíra entre eles. Os Lakers finalizaron fóra dos playoffs por cuarta vez na historia da franquía. Terminada a tempada seguido da decepción de perderse os playoffs, os Lakers volveron contratar ao adestrador Phil Jackson, coa esperanza de que Odom se puidese moldear, como fixera Scottie Pippen, ao triángulo ofensivo.

Lamar Odom comezou a confiar no seu xogo novamente e, xunto a Kobe e Phil Jackson, logrou chegar aos playoffs en 2006. A pesar do gran xogo demostrado polo conxunto anxelino, os Phoenix Suns elimináronos 4 a 3 na primeira rolda. Un ano despois repetiuse o patron; os Angeles de Odom foron derrotados novamente polas dúas veces MVP Steve Nash e os seus Phoenix Suns, esta vez cun contundente 4 a 1. Dende a chegada de Pau Gasol aos Lakers o xogo de Odom e o dos Angeles cambiou a radicalmente, chegando á final da NBA en 2008 e logrando o mellor rexistro do oeste para os playoffs do 2009, para posteriormente gañar a liga.

O 11 de decembro 2011 foi traspasado aos Dallas Mavericks a cambio dunha elección de Draft da primeira rolda.

O 29 de xuño de 2012, Odom foi traspasados aos Los Angeles Clippers como parte dun acordo entre catro equipos.Clippers acquire Odom as part of four-team trade. NBA.com. 29 de xuño de 2012. Consultado o 29 de xuño de 2012.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estadísticas de Lamar Odom Entrevista a Lamar Odom

Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1979 Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004 Categoría:Medallistas olímpicos de bronce polos Estados Unidos de América Categoría:Medallistas olímpicos en baloncesto