O Staples Center é un pavillón multiúsos situado na cidade dos Ánxeles, en California (Estados Unidos). É un dos máis modernos e luxosos do mundo, situado no 1111 S de Figueroa Street. Financiouse por completo de maneira privada, tendo un custo final de 375 millóns de dólares. O seu nome débese a un dos seus patrocinadores, Staples Inc., unha cadea de establecementos con máis de 2.000 tendas en todo o mundo, a cal paga unha importante suma de diñeiro para dar nome ao pavillón.

Historia Inaugurouse o 17 de outubro de 1999 e moi pronto obtivo o recoñecemento de todo o mundo, gañando en dúas ocasións o premio ao mellor Pavillón do Ano. Alberga máis de 250 eventos, tanto deportivos como de calquera índole, ademais de facer as funcións de centro comercial e de lecer ofrecendo servizos de toda clase. O Staples Center recibe máis de 4 millóns de visitas ao longo do ano.

Aforamento O Staples Center pode albergar 20.000 espectadores para concertos, 18.997 para o baloncesto, e 18.118 para o hóckey sobre xeo e o fútbol americano indoor. As dúas terceiras partes dos asentos sitúanse no nivel inferior. Ademais, ten 160 palcos de luxo e 15 suites para eventos.

Equipos O pavillón é compartido polos seguintes equipos profesionais: Los Angeles Lakers (NBA) Los Angeles Clippers (NBA) Los Angeles Sparks (WNBA) Los Angeles Kings (NHL) Los Angeles D-Fenders (NBA Development League, até 2011) Los Angeles Avengers (AFL, até 2008)

Funeral de Michael Jackson O 7 de xullo de 2009 realizouse no Staples Center o funeral de Michael Jackson, quen había falecido doce días antes na súa residencia desa cidade. Durante o concorrido evento, para o cal se sortearon 17.500 billetes de balde entre as persoas previamente rexistradas no sitio web do recinto, participaron diversos familiares e amigos do cantante, compartindo vivencias e interpretando algunhas das súas cancións máis populares. O cadaleito pechado de Jackson estivo presente entre o escenario e o público as dúas horas que durou a cerimonia, a cal foi transmitida en directo e de xeito gratuíto por Internet e tódalas canles de televisión que desexasen subscribirse.

Galería

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Staples Center

Categoría:Arquitectura nos Ánxeles Categoría:Deporte nos Ánxeles Categoría:Pavillóns da NBA Categoría:Pavillóns da NHL Categoría:Los Angeles Clippers Categoría:Los Angeles Lakers Categoría:Los Angeles Kings Categoría:Pavillóns de baloncesto dos Estados Unidos de América