O KK Budućnost (do montenegrino: CB Futuro), coñecido por motivos de patrocinio como Budućnost VOLI, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Podgorica, capital de Montenegro. Fundado en 1949, forma parte do club polideportivo Budućnost Podgorica. O equipo compite actualmente na Opportunity League, a máxima competición do baloncesto montenegrino, así como na Liga do Adriático, da que é membro fundador.

Historia thumb|left|Duško Ivanović. O club foi fundado en 1949 cando a sociedade deportiva Budućnost decidiu formar un club de baloncesto masculino. O Budućnost participou na súa primeira competición en xuño de 1949, no terceiro Campionato de Montenegro. Case unha décade despois, en 1958, o Budućnost converteuse en campión de Montenegro por vez primeira. Por este resultado, o Budućnost tivo a oportunidade de xogar na clasificación para a Primeira División. Porén, as eliminatorias non se chegaron a disputar debido á decisión da Federación Iugoslava de outorgar o ascenso directamente ao Zastava de Kragujevac. Na tempada 1959–60, Budućnost converteuse en campión de Montenegro por segunda vez. As eliminatorias para o ascenso esta vez si se chegaron a disputar, con todo, o equipo, a pesar de xogar en casa, non conseguiu o ascenso.

Nos anos 1970, unha restructuración do baloncesto iugoslavo permitiu que o Budućnost xogase na Segunda División ao ser o campión de Montenegro. Con todo, o Budućnost tan só conseguiu disputar unha temporada na categoría. Regresaría á división de prata en 1974, onde comezaría a ser un dos mellores equipos. Así, na temporada 1979–80, o Budućnost ocupou o primeiro posto e clasificouse automaticamente para a Primeira División. Entre os xogadores destacaba Duško Ivanović. O ascenso de Budućnost á Primeira División trouxo un rexurdir da popularidade do baloncesto en Podgorica, daquelas Titogrado. Na súa temporada de estrea, o equipo acadou un éxito significativo rematando oitavo con 9 vitorias por 13 derrotas. Na temporada seguinte, o equipo logrou clasificarse para os cuartos de final do playoff tras vencer á Jugoplastika Split en tres partidos. Nos cuartos de final o equipo enfrontouse co Crvena zvezda, quen gañou dúas veces en Belgrado, mentres que o Budućnost gañou en Titogrado.

Outro grande avance na historia do club chegou na temporada 1985−86, ao acadar o club o terceiro posto e a clasificación para disputar a Copa Korać, a primeira participación do club na competición europea. No seu debut europeo o Budućnost consegiu tres vitorias e cinco derrotas. Con todo, despois duns anos de éxitos históricos para o club, o Budućnost descendeu ao final da tempada 1987−88 após ficar no último lugar con 6 vitorias por 16 derrotas. Porén, ao ano seguinte Budućnost ascendeu de novo para nunca volver a descender.

Na temporada 1995–96, o Budućnost gañou a Copa Iugoslava por primeira vez. No torneo final, celebrado en Nikšić, o Budućnost derrotou ao BFC Beočin e ao Partizan. A segunda Copa Iugoslava chegou por segunda vez na temporada 1997–98, tamén en Nikšić. Despois das vitorias na Copa, o equipo gañou tres títulos consecutivos de Liga. Após a independencia de Montenegro de Serbia e Montenegro en 2006, o Budućnost converteuse no novo equipo a vencer na renacida Liga de Baloncesto Montenegrina, sendo o gañador habitual da competición. Alén da liga montenegrina, o club participa na Liga do Adriático, a cal conseguiu gañar na temporada 2017−18.

Xogadores Cadro actual

Destacados

Goran Bošković Nikola Bulatović Aleksandar Pavlović Bojan Bakić Omar Cook Vladimir Dašić Vladimir Dragičević Bojan Dubljević Duško Ivanović Nikola Ivanović Goran Jeretin Ivan Koljević Vladimir Mihailović Nenad Mijatović Đuro Ostojić Gavrilo Pajović Luka Pavićević Aleksa Popović Marko Popović Dejan Radonjić Nemanja Radović Balša Radunović Žarko Rakočević Boris Savović Vlado Šćepanović Sead Šehović Mladen Šekularac Blagota Sekulić Bojan Subotić Slavko Vraneš Nikola Vučević Aleksandar Marić Nemanja Gordić Jermaine Anderson Kyle Landry Owen Klassen Darko Planinić Robert Rikić Gerald Lee Edwin Jackson Aleksandar Ćapin Hasan Rizvić Alen Omić Scott Bamforth Dee Bost Andre Brown Earl Clark Coty Clarke Justin Cobbs Norris Cole Acie Earl Kyle Gibson Jerome James Shawn James Julius Jenkins Sean Kilpatrick Doron Lamb Hassan Martin Willie Reed J. R. Reynolds Marcus Williams Justin Doellman Gintaras Kadžiulis Deji Akindele Haris Brkić Žarko Čabarkapa Goran Ćakić Tadija Dragićević Nemanja Jaramaz Nikola Jestratijević Zoran Jovanović Bojan Krstović Vladimir Kuzmanović Vladimir Micov Dejan Milojević Saša Obradović Nikola Otašević Žarko Paspalj Ivan Paunić Miljan Pavković Igor Perović Igor Rakočević Marko Simonović Dejan Tomašević Željko Topalović Milenko Topić Čedomir Vitkovac Goga Bitadze

Adestradores

Rusmir Halilović (1979–1980) Čedomir Đurašković (1981–1982) Vlade Đurović (1984–1985) Milutin Petrović (1985–1986) Miodrag Baletić (1988–1991) Goran Bojanić (1991–1995) Živko Brajović (1995–1996) Goran Bojanić (1997–1998) Miroslav Nikolić (1998–2000) Bogdan Tanjević (2001) Zoran Sretenović (2001) Miodrag Kadija (2001–2002) Darko Ruso (2002) Zvezdan Mitrović (2002) Vlade Đurović (2002) Miodrag Baletić (2002–2004) Zoran Martič (2004–2005) Dejan Radonjić (2005–2013) Igor Jovović (2013–2015) Luka Pavićević (2015–2016) Vlado Šćepanović (2016) Ilias Zouros (2016–2017) Aleksandar Džikić (2017–2018) Jasmin Repeša (2019) Petar Mijović (2019) Slobodan Subotić (2019) Petar Mijović (2019–2021) Dejan Milojević (2021) Aleksandar Džikić (2021–2022) Vlada Jovanović (2022–presente)

Palmarés Serbia e Montenegro Liga Campións (3): 1999, 2000, 2001 Subcampións (1): 2002

Copa Campións (3): 1996, 1998, 2001 Subcampións (1): 2002

Montenegro Liga Campións (14): 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2019, 2021, 2022 Subcampións (1): 2018

Copa Campións (15): 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2020, 2021, 2022 Subcampións (1): 2013

Internacional Liga do Adriático Campións (1)''': 2018 Subcampións (2): 2019, 2021

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Buducnost Buducnost