"Judith" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo A Perfect Circle. Foi editada como sinxelo dun só tema en Norteamérica, e de 4 temas en Australia. A canción foi usada para promover o álbum de estrea do grupo, Mer de Noms e publicouse o día 8 de agosto do 2000.
Maynard James Keenan explica no DVD aMOTION que a canción fala sobre a súa nai, Judith Marie Keenan, a cal sufriu un ictus cerebral e quedou nunha cadeira de rodas o resto da súa vida.
O seu vídeo musical foi realizado polo cineasta David Fincher, director de películas como Fight Club, Se7en e A rede social. É un dos tres únicos videoclips que rodou Fincher nos últimos 15 anos, xunto con "Only" de Nine Inch Nails e o recente "Suit & Tie" de Justin Timberlake e Jay-ZLa Voz de Galicia - Fincher, Reznor y un paisaje de nieve y violencia .
Lista de cancións "Judith" - 4:03 "Magdalena" (Live) - 4:15 "Breña" (Live) - 4:04 "Orestes" (Demo) - 3:24
Notas
Categoría:Sinxelos de 2000 Categoría:Cancións de A Perfect Circle Categoría:Composicións musicais de rock alternativo